
Qué é
O Camiño Sostible?
O Camiño Sostible é un proxecto profesional impulsado por Permae que ofrece ás entidades locais servizos de comunicación e sensibilización ambiental arredor da xestión de residuos e a sostibilidade.
Acompañamos aos concellos no deseño e execución de campañas que conectan coa veciñanza e promoven hábitos responsables. O noso traballo combina asesoramento técnico, materiais divulgativos e accións participativas adaptadas á realidade de cada territorio.
Ademais, O Camiño Sostible está aberto á participación cidadá. As persoas tamén poden sumarse e formar parte deste camiño, contribuíndo a espallar valores de sostibilidade no día a día.
No Camiño Sostible deseñamos e poñemos en marcha campañas que axudan a transformar os hábitos cotiáns da cidadanía, con iniciativas como a reciclaxe de aceite usado, a reutilización de téxtiles, o compostaxe doméstico ou a organización de festas máis respectuosas co medio ambiente.
Ademais das accións locais, poñemos á túa disposición recursos prácticos, contidos educativos e asesoramento especializado para que poidas aprender, colaborar e contribuír activamente a un modelo de vida máis sostible, tanto no teu concello como a nivel persoal.
Concellos
aliados
Traballamos da man dos concellos que queren avanzar cara un modelo máis sostible, ofrecéndolles campañas adaptadas ás súas necesidades e acompañándoos en todo o proceso: desde a planificación ata a execución. Cada campaña é unha oportunidade para educar, sensibilizar e conectar coa veciñanza, mellorando non só a xestión ambiental local, senón tamén a imaxe e o compromiso público do concello cun futuro máis sostible.

Novas
O Concello de As Pontes continúa esta semana co desenvolvemento de accións [...]
O Concello de Mesía continúa apostando pola sensibilización ambiental da mocidade a [...]
Continúa a campaña de compostaxe do Concello de Mesía cunha nova sesión [...]
Continúa a campaña de compostaxe do Concello de Oia cunha nova sesión [...]
O Concello de O Rosal continúa apostando pola sensibilización ambiental da mocidade [...]
Comeza a campaña de compostaxe do Concello de Negreira cunha nova sesión [...]
O Concello de Oia continúa coa campaña de compostaxe doméstica, coa que [...]
O Concello de As Pontes continúa a avanzar na implantación da colector [...]
O Concello de Oia continúa apostando pola sensibilización ambiental da mocidade a [...]
O Concello de Portas desenvolveu esta semana dúas accións de proximidade para [...]









