14 ESTABLECEMENTOS DE XOVE SÚMANSE Á RECOLLIDA DO ORGÁNICO
Catorce establecementos de hostalaría e comercio alimentario de Xove xa están inscritos como grandes produtores na campaña «O residuo orgánico? Ao marrón!».
O equipo da campaña visitou os días 7, 14 e 21 de outubro os 16 establecementos do núcleo. Ningún rexeitou participar. Cada local recibiu a chave do contedor marrón, a guía para grandes produtores e o adhesivo de escaparate «Establecemento sostible», que identifica os negocios comprometidos coa separación do orgánico.
Bares, cafetarías, carnicerías, panaderías, peixarías e supermercados xeran unha parte importante dos biorresiduos do municipio, polo que a súa participación multiplica o impacto da campaña.
Os establecementos que aínda non se sumaron, así como residencias, comedores e outros grandes xeradores, poden solicitar a súa adhesión.
Máis información na páxina web xove.ocaminosostible.gal, no teléfono 647 521 464 ou no correo electrónico info@ocaminosostible.gal.
Esta actuación forma parte do proxecto de implantación da recollida separada de biorresiduos no Concello de Xove 2026, que conta co apoio da Xunta de Galicia e está cofinanciado nun 60 % pola Unión Europea no marco do Programa Galicia FEDER 2021-2027.




