51 VECIÑAS E VECIÑOS DE BARBADÁS COÑECEN EN SOGAMA QUE PASA COS RESIDUOS QUE SEPARAMOS NA CASA
Un grupo de 51 veciñas e veciños de Barbadás participou o venres 23 de outubro nunha xornada de visita ao Complexo Medioambiental de Sogama, en Cerceda, a instalación á que chegan os residuos do municipio.
Na visita guiada, o equipo de educación ambiental de Sogama explicou o percorrido dos residuos desde a súa chegada á planta: recepción, clasificación, recuperación de materiais e valorización. O grupo puido comprobar de primeira man por que é tan importante separar ben na casa e depositar cada residuo no seu contedor.
A xornada completouse cun xantar en Santiago de Compostela e unha visita guiada á Cidade da Cultura de Galicia, antes do regreso a Barbadás.
A actividade, gratuíta e dirixida á veciñanza adulta, forma parte do programa de portas abertas da campaña do contedor marrón «O residuo orgánico? Ao marrón!», que este ano incorpora 30 novos contedores intelixentes no municipio.
Máis información na páxina web barbadas.ocaminosostible.gal, no teléfono 647 521 464 ou no correo electrónico info@ocaminosostible.gal.
Esta actuación forma parte do proxecto «Mellora da ecoeficiencia e transición cara á economía circular na xestión dos residuos municipais de Barbadás 2026», que conta co apoio da Xunta de Galicia e está cofinanciado nun 60 % pola Unión Europea no marco do Programa Galicia FEDER 2021-2027.




