A CAMPAÑA DO CONTEDOR MARRÓN INSTALA DOUS POSTOS INFORMATIVOS EN XOVE
A campaña «O residuo orgánico? Ao marrón!» instalou os días 7 e 14 de outubro un posto informativo con carpa diante da Casa do Concello de Xove.
No posto, o persoal da campaña explicou o funcionamento do contedor marrón con chave, mostrou o material e entregou os kits domésticos: cubo de cociña de 10 litros, bolsas compostables, guía e chave do contedor, coa inscrición de cada fogar na plataforma de biorresiduos.
Para achegar a campaña a máis veciñanza, o 21 de outubro o equipo percorreu porta a porta as vivendas próximas aos contedores marróns da Avenida da Deputación, a Rúa Tomás Mariño Pardo e a Rúa Apeadeiro, entregando o kit no momento.
Os fogares que aínda non teñan o seu kit poden recollelo na Casa do Concello.
Máis información na páxina web xove.ocaminosostible.gal, no teléfono 647 521 464 ou no correo electrónico info@ocaminosostible.gal.
Esta actuación forma parte do proxecto de implantación da recollida separada de biorresiduos no Concello de Xove 2026, que conta co apoio da Xunta de Galicia e está cofinanciado nun 60 % pola Unión Europea no marco do Programa Galicia FEDER 2021-2027.




