A FEIRA DE SARRIA ACOLLE UN POSTO INFORMATIVO SOBRE O CONTEDOR MARRÓN E O VERMELLO DO TÉXTIL

A feira de Sarria do venres 17 de outubro contou cun posto informativo das campañas «O residuo orgánico? Ao marrón!» e «O téxtil? Ao vermello!», para achegar á veciñanza a recollida separada do lixo orgánico e da roupa e o calzado.

O persoal da campaña explicou que residuos van a cada contedor, resolveu dúbidas e repartiu material informativo. No espazo do téxtil, en colaboración con Cáritas, mostrouse que roupa, calzado e téxtiles do fogar se poden depositar nos novos contedores vermellos, mesmo en mal estado, e como se reutilizan ou reciclan.

Os máis pequenos participaron nun obradoiro no que pintaron e fabricaron as súas propias chapas cos contedores de cada fracción e o lema «Eu, separo».

A veciñanza e os establecementos que queiran sumarse á recollida separada da materia orgánica poden solicitar información e o pack de uso na páxina web sarria.ocaminosostible.gal, no teléfono 647 521 464 ou no correo electrónico info@ocaminosostible.gal.

As actuacións forman parte do proxecto de mellora da recollida separada de biorresiduos do Concello de Sarria, que conta cunha axuda de 18.076,50 € da Xunta de Galicia (procedemento MT975X, Liña 1, expediente EELL-0184-2026-RES), cofinanciada nun 60 % pola Unión Europea no marco do Programa Galicia FEDER 2021-2027.

Novas relacionadas