Colabora

Colabora con nos

Asociación O Camiño Sostible:  unha entidade ao servizo da sostibilidade.

Como parte do proxecto, impulsamos tamén a creación dunha entidade sen ánimo de lucro. Queremos canalizar con ela a nosa responsabilidade cooperativa e dar espazo á participación cidadá, social e educativa

Colabora con nos

Obxectivo:

Fomentar unha cultura da sostibilidade real e transformadora, apoiando proxectos e iniciativas que:

  • Difundan os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) e a Rede de Reservas da Biosfera da UNESCO.
  • Promovan a formación, a investigación e o pensamento crítico arredor da sostibilidade.
  • Fomenten a participación cidadá, especialmente da mocidade, en accións ambientais.
  • Impulsen proxectos compartidos entre entidades e persoas asociadas.
  • Apoien o turismo sostible e a incorporación da sostibilidade nas políticas públicas.
  • Actúen como interlocutor válido e integrador ante institucións e organismos.

A través desta asociación realizaremos actividades formativas, divulgativas, publicacións, asesoramento, campañas e proxectos de cooperación, tanto a nivel local como internacional.

Se ti tamén queres formar parte dunha rede comprometida co futuro do planeta, súmate a Asociación O Camiño Sostible. Xuntas podemos avanzar cara un modelo máis xusto, participativo e sostible.

«Porque un futuro sostible constrúese camiñando xuntos, desde o compromiso institucional e a participación cidadá»