COMEZA EN COIROS A NOVA CAMPAÑA DE COMPOSTAXE DOMÉSTICA CUNHA PRIMEIRA ENTREGA

Comeza a campaña de compostaxe do Concello de Coirós cunha nova sesión informativa e entrega de material celebrada no Centro Social.

As primeiras entregas de composteiros tiveron lugar o xoves 27 de novembro ás 11h e ás 20:30h no Centro Social de Coirós, nunha sesión informativa na que as persoas participantes recibirán formación básica para comezar a compostar no seu fogar.

Con esta nova edición, continúa ampliándose a rede de fogares galegos comprometidos coa compostaxe doméstica, unha práctica que permite reducir os residuos orgánicos e transformar o lixo en abono natural de alta calidade.

O Concello facilitará aos fogares participantes un composteiro de balde, formación e acompañamento, para garantir unha correcta posta en marcha e seguimento do proceso.

Nas próximas semanas celebraranse novas sesións en diferentes puntos do municipio, que serán anunciadas a través dos canais oficiais do Concello. A inscrición continúa aberta para aquelas persoas interesadas en participar na campaña.

As persoas interesadas poden atopar toda a información actualizada na páxina web: https://www.coiros.ocaminosostible.gal. Tamén poden contactar a través do teléfono 647 521 464 ou do correo electrónico info@ocaminosostible.gal.

Esta iniciativa conta co apoio da Xunta de Galicia e o financiamento do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Next Generation EU, e forma parte da aposta do Consorcio As Mariñas por un modelo de xestión sostible e de proximidade, implicando á cidadanía na redución e valorización dos seus propios residuos.