COMEZA EN NEGREIRA A NOVA CAMPAÑA DE COMPOSTAXE DOMÉSTICA CUNHA PRIMEIRA ENTREGA
Comeza a campaña de compostaxe do Concello de Negreira cunha nova sesión informativa e entrega de material celebrada na Casa da Cultura.
O encontro tivo luga o luns 23 de marzo e contou coa incorporación de 17 novas familia á iniciativa de autoxestión dos biorresiudos.
Con esta nova edición, continúa ampliándose a rede de fogares galegos comprometidos coa compostaxe doméstica, unha práctica que permite reducir os residuos orgánicos e transformar o lixo en abono natural de alta calidade.
O Concello facilitará aos fogares participantes un composteiro de balde, formación e acompañamento, para garantir unha correcta posta en marcha e seguimento do proceso.
Nas próximas semanas celebraranse novas sesións en diferentes puntos do municipio, que serán anunciadas a través dos canais oficiais do Concello. A inscrición continúa aberta para aquelas persoas interesadas en participar na campaña.
As persoas interesadas poden atopar toda a información actualizada na páxina web: negreira.ocaminosostible.gal. Tamén poden contactar a través do teléfono 647 521 464 ou do correo electrónico info@ocaminosostible.gal.
Esta iniciativa conta co apoio da Xunta de Galicia e o financiamento do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Next Generation EU, e forma parte da aposta do Consorcio As Mariñas por un modelo de xestión sostible e de proximidade, implicando á cidadanía na redución e valorización dos seus propios residuos.




