COMEZA EN SOBRADO A NOVA CAMPAÑA DE COMPOSTAXE DOMÉSTICA CUNHA PRIMEIRA ENTREGA

Comeza a campaña de compostaxe do Concello de Sobrado cunha nova sesión informativa e entrega de material celebrada no Salón de Plenos do Concello.

O encontro tivo luga o mércores 15 de outubro e contou coa incorporación de 12 novas familia á iniciativa de autoxestión dos biorresiudos.

Con esta nova edición, continúa ampliándose a rede de fogares galegos comprometidos coa compostaxe doméstica, unha práctica que permite reducir os residuos orgánicos e transformar o lixo en abono natural de alta calidade.

Durante o mes de outubro, está previsto que se celebren novas charlas formativas e entregas de composteiros nas diferentes parroquias de Sobrado, segundo o seguinte calendario:

  • Xoves 23 de outubro, ás 11:00h, no Local Social do Mesón de Codesoso.
  • Xoves 30 de outubro, ás 11:00h, no Local Social de Penagrande.

Nas sesións explícanse os principios básicos da compostaxe e entrégase de balde un composteiro.

As persoas interesadas poden atopar toda a información actualizada  en sobrado.ocaminosostible.gal. Tamén poden contactar a través do teléfono 647 521 464 ou do correo electrónico info@ocaminosostible.gal.

Esta iniciativa conta co apoio da Xunta de Galicia e o financiamento do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Next Generation EU, e forma parte da aposta do Consorcio As Mariñas por un modelo de xestión sostible e de proximidade, implicando á cidadanía na redución e valorización dos seus propios residuos.