COMPOSTAXE DOMÉSTICA, CLAVE PARA A REDUCIÓN DO LIXO EN SOBRADO

O Concello ofrece composteiros e apoio técnico gratuíto para que a veciñanza con terreo poida transformar os seus residuos orgánicos nun recurso útil

 

A metade do lixo que se xera nos fogares está composto por materia orgánica. A súa correcta xestión resulta decisiva tanto para protexer o medio ambiente como para reducir os custos asociados ao tratamento dos residuos.

Co obxectivo de avanzar cara a un modelo máis sostible, o Concello pon en marcha unha campaña de compostaxe doméstica dirixida ás persoas que dispoñan dun pequeno terreo. A iniciativa inclúe a entrega gratuíta de composteiros e formación práctica, así como un servizo de asesoramento e seguimento durante todo o ano 2025.

Para participar activamente e reservar o material da campaña, habilitouse a web https://ocaminosostible.gal/concellos-aliados/concello-de-piquin/, onde tamén se pode consultar información sobre os servizos municipais de xestión de residuos. Ademais, a inscrición pode realizarse presencialmente no Concello ou a través do teléfono 647 521 464.

As xornadas informativas e de formación terán lugar en:

  • Mércores 15 de outubro, ás 11:00h, no Salón de Plenos do Concello
  • Xoves 23 de outubro, ás 11:00h, no Local Social do Mesón de Codesoso
  • Xoves 30 de outubro, ás 11:00h, no Local Social de Penagrande

Esta actuación conta co financiamento da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España, a través dos fondos europeos NextGenerationEU.