Concello de Agolada


Concello de Agolada
O Concello de Agolada é un concello aliado de O Camiño Sostible e camiña con paso firme cara a un modelo máis respectuoso co medio ambiente.
Como parte do seu compromiso coa sostibilidade, o concello promove bos hábitos na xestión dos residuos e ofrece á veciñanza servizos que facilitan a separación correcta, o aproveitamento da materia orgánica e a reciclaxe dos principais fluxos de lixo doméstico.
Aquí atoparás toda a información necesaria para participar nas campañas activas e saber que residuos van en cada contedor.
Apúntate ás campañas activas!
Se vives en Agolada, podes participar nas campañas de compostaxe
e contedor marrón para contribuír a reducir os residuos e mellorar o teu entorno.
Contedor de aceite usado
👉 En 2025 o Concello de Agolada pon en marcha esta campaña coa colaboración de VI.NI.A, unha asociación de colabora con Biocoilgreen, quen trata o aceite usado para transformalo en biodiesel.
Como usalo:
• Deposita só aceite de cociña usado en botellas de plástico ben pechadas.
• ❌ Non botes aceites de motor, graxas industriais ou envases abertos.
• ♻️ Ao participar, evitas a contaminación da auga e contribúes á produción de biocombustibles.
Ademais, o Concello organiza talleres en colexios, postos informativos e repartos de material para dar a coñecer esta nova campaña.
Contedor textil
👉 A campaña de recollida de téxtiles desenvólvese en colaboración con Equus Zebra, entidade que recolle a roupa e o calzado depositados e lles dá un destino social, apoiando a persoas e familias en situación de vulnerabilidade.
Como usalo:
• Podes depositar roupa, calzado e téxtiles do fogar en bolsas pechadas e limpas.
• ❌ Non se admiten colchóns, alfombras, téxtiles mollados ou materiais contaminados.
• ♻️ As pezas recollidas son destinadas á reutilización ou á reciclaxe, evitando residuos innecesarios.
Para reforzar a campaña, o Concello está a desenvolver talleres educativos, postos informativos e material divulgativo ao longo deste ano.
Os residuos en Agolada
Voluminosos
- Mobles, colchóns, electrodomésticos grandes, etc.
- Contacta co concello para a recollida ou lévao ao punto limpo.
- Non vai: Residuos perigosos ou lixo en bolsas.
Para facer uso deste servizo podes acceder ao contedor de voluminosos xestionado por Ambigal 360. Podes depositar os voluminosos no exterior durante ás 24h seguindo sempre unha serie de normas: non rodas, non microondas, non escombros…
Para calquera dúbida pódese chamar ao +34 653 940 988 de luns a venres de 7:00h a 15:00h.
Punto limpo de proximidade
- O Concello de Agolada conta con varios puntos de proximidade repartidos polo municipio, pensados para facilitar á veciñanza o depósito de residuos especiais de pequeno tamaño, sen necesidade de desprazamentos longos.
- Pilas, cartuchos de tinta, móbiles antigos, cargadores, pequenos RAEE, CDs e DVDs.
Localizacións dispoñibles:
- Parque do centro de agolada
- Esquina do Centro de Saúde
- Na entrada a Praza do Concello dende a Rúa Calvo Sotelo (N640)
Acceso durante as 24h.
Novas
O Concello de Agolada continúa apostando pola sensibilización ambiental da mocidade a [...]
O Concello de Agolada pon en marcha tres novas iniciativas para mellorar [...]
O Concello ofrece composteiros e apoio técnico gratuíto para que a veciñanza [...]







