Concello de Aranga


O Concello de Aranga é un concello aliado de O Camiño Sostible e camiña con paso firme cara a un modelo máis respectuoso co medio ambiente.
Como parte do seu compromiso coa sostibilidade, o concello promove bos hábitos na xestión dos residuos e ofrece á veciñanza servizos que facilitan a separación correcta, o aproveitamento da materia orgánica e a reciclaxe dos principais fluxos de lixo doméstico.
Aquí atoparás toda a información necesaria para participar nas campañas activas e saber que residuos van en cada contedor.
Apúntate ás campañas activas!
Se vives en Aranga, podes participar nas campañas de compostaxe
e contedor marrón para contribuír a reducir os residuos e mellorar o teu entorno.
Contedor de aceite usado
👉 En 2025 o Concello de Aranga pon en marcha esta campaña coa colaboración de Mulleres Colleiteiras, dunha entidade social que se encarga de recoller o aceite usado e darlle un destino con valor ambiental e social, xerando tamén oportunidades de inclusión laboral.
Como usalo:
• Deposita só aceite de cociña usado en botellas de plástico ben pechadas.
• ❌ Non botes aceites de motor, graxas industriais ou envases abertos.
• ♻️ Ao participar, evitas a contaminación da auga e contribúes á produción de biocombustibles.
Ademais, o Concello organiza talleres en colexios, postos informativos e repartos de material para dar a coñecer esta nova campaña.
Os residuos en Aranga
Novas
O Concello de Aranga continúa apostando pola sensibilización ambiental da mocidade a [...]
O Concello de Aranga pon en marcha unha nova campaña de recollida [...]
Comeza a campaña de compostaxe do Concello de Aranga cunha nova sesión [...]
O Concello de Aranga continúa apostando pola sensibilización ambiental da mocidade a [...]
O Concello de Aranga continúa apostando pola sensibilización ambiental da mocidade a [...]
O Concello ofrece composteiros e apoio técnico gratuíto para que a veciñanza [...]





