Concello de Arbo

Concello de Arbo

O Concello de Arbo é un concello aliado de O Camiño Sostible e camiña con paso firme cara a un modelo máis respectuoso co medio ambiente.

Como parte do seu compromiso coa sostibilidade, o concello promove bos hábitos na xestión dos residuos e ofrece á veciñanza servizos que facilitan a separación correcta, o aproveitamento da materia orgánica e a reciclaxe dos principais fluxos de lixo doméstico.

Aquí atoparás toda a información necesaria para participar nas campañas activas e saber que residuos van en cada contedor.

Apúntate ás campañas activas!

Se vives en Arbo, podes participar na campaña de contedor marrón para contribuír a reducir os residuos e mellorar o teu entorno.

Campaña de contedor marrón veciñanza

Separas os restos de comida no teu fogar? Solicita o teu caldeiro marrón «de balde» e colabora na recollida separada da fracción orgánica. Recibirás información clara e materiais útiles para facelo ben desde o primeiro día.

Campaña de contedor marrón medianos e grandes produtores

Se tes un negocio e es gran produtor de residuos orgánicos no Concello (comercio, bar, restaurante, hotel, etc.) podes reciclalos grazas ao colector marrón. Recibirás asesoramento e material.

Os residuos en Arbo

Contedor marrón (orgánico)

  • Restos de comida, froita, pan e panos de papel.
  • Non vai: plásticos, cueiros, areeiras de animais e toalliñas.

Contedor amarelo (envases lixeiros)

  • Envases de plástico, latas, briks, tapas e envoltorios.
  • Non vai: xoguetes, plásticos con restos e utensilios de cociña.

Contedor verde (vidrio)

  • Botellas, frascos e tarros de vidro.
  • Non vai: tapóns, espellos, cristais rotos, vasos e lámpadas.

Contedor azul (papel e cartón)

  • Caixas, xornais, bolsas e sobres de papel.
  • Non vai: papel sucio, briks, toalliñas e cueiros.

Contedor vermello (téxtil)

  • Roupa, calzado e téxtiles do fogar (sempre en bolsas pechadas).
  • Non vai: roupa mollada, colchóns e alfombras.

Contedor laranxa (aceite usado)

  • Aceite de cociña usado (en botellas de plástico pechadas).
  • Non vai: aceite de motor, graxas industriais e envases abertos.

Contedor gris (resto)

  • Cueiros, vaixelas rotas ou lixo non reciclable.
  • Non vai: orgánica, reciclables ou residuos perigosos.

Punto SIGRE (medicamentos)

  • Envases baleiros, caducados ou restos de medicamentos.
  • Atoparás o punto SIGRE en calquera farmacia.
  • Non vai: xeringas, termómetros ou produtos químicos.

Punto limpo fixo

  • O Concello de Arbo conta cun punto limpo fixo para a recollida de residuos especiais que non deben ir aos colectores convencionais.
  • Podes depositar: mobles, colchóns, electrodomésticos, pinturas, RAEE, lámpada, envases contaminados, etc.

Contacto:

  • 647723730

Horario de apertura:

  • Mércores e sábados de 9:00 a 16:00h

Novas