Concello de As pontes


Concello de As Pontes
de García Rodriguez
O Concello de As Pontes é un concello aliado de O Camiño Sostible e camiña con paso firme cara a un modelo máis respectuoso co medio ambiente.
Como parte do seu compromiso coa sostibilidade, o concello promove bos hábitos na xestión dos residuos e ofrece á veciñanza servizos que facilitan a separación correcta, o aproveitamento da materia orgánica e a reciclaxe dos principais fluxos de lixo doméstico.
Aquí atoparás toda a información necesaria para participar nas campañas activas e saber que residuos van en cada contedor.
Apúntate ás campañas activas!
Se vives en As Pontes, podes participar nas campañas de compostaxe
e contedor marrón para contribuír a reducir os residuos e mellorar o teu entorno.
Contedor de aceite usado
👉 En 2025 o Concello de As Pontes pon en marcha esta campaña coa colaboración de Mulleres Colleiteiras, dunha entidade social que se encarga de recoller o aceite usado e darlle un destino con valor ambiental e social, xerando tamén oportunidades de inclusión laboral.
Como usalo:
• Deposita só aceite de cociña usado en botellas de plástico ben pechadas.
• ❌ Non botes aceites de motor, graxas industriais ou envases abertos.
• ♻️ Ao participar, evitas a contaminación da auga e contribúes á produción de biocombustibles.
Ademais, o Concello organiza talleres en colexios, postos informativos e repartos de material para dar a coñecer esta nova campaña.
Contedor textil
👉 A campaña de recollida de téxtiles desenvólvese en colaboración con CÁRITAS, entidade que recolle a roupa e o calzado depositados e lles dá un destino social, apoiando a persoas e familias en situación de vulnerabilidade.
Como usalo:
• Podes depositar roupa, calzado e téxtiles do fogar en bolsas pechadas e limpas.
• ❌ Non se admiten colchóns, alfombras, téxtiles mollados ou materiais contaminados.
• ♻️ As pezas recollidas son destinadas á reutilización ou á reciclaxe, evitando residuos innecesarios.
Para reforzar a campaña, o Concello está a desenvolver talleres educativos, postos informativos e material divulgativo ao longo deste ano.
Os residuos en As Pontes
Punto limpo fixo
- O Concello de As Pontes conta cun punto limpo fixo para a recollida de residuos especiais que non deben ir aos colectores convencionais.
- Podes depositar: mobles, colchóns, electrodomésticos, pinturas, voluminosos, RAEE, lámpada, envases contaminados, etc.
Localización:
- Polígono Industrial Os Airios, 15B- 15320 – As pontes de García Rodriguez (A Coruña)
Horario de apertura:
- Luns a Venres de 11:00h a 14:00h e de 17:00h a 20:00h
- Sábados de 9:00h a 14:00h
Teléfono de contacto:
- 679 720 677
Novas
O Concello de As Pontes continúa esta semana co desenvolvemento de accións [...]
O Concello de As Pontes continúa a avanzar na implantación da colector [...]
Comeza a campaña de compostaxe do Concello de As Pontes cunha nova [...]
O Concello de As Pontes continúa apostando pola sensibilización ambiental da mocidade [...]
O Concello de As Pontes continúa apostando pola sensibilización ambiental da mocidade [...]
O Concello de As Pontes continúa a impulsar accións de proximidade para [...]
O Concello de As Pontes anuncia unha nova entrega de composteiros que [...]
O Concello de As Pontes continúa apostando pola sensibilización ambiental da mocidade [...]
O Concello das Pontes pon en marcha tres novas iniciativas para mellorar [...]
Este martes 18, celebrouse no Concello de As Pontes un inspirador obradoiro [...]








