Concello de Barbadás

Concello de
Barbadás

O Concello de Barbadás é un concello aliado de O Camiño Sostible e camiña con paso firme cara a un modelo máis respectuoso co medio ambiente.
Como parte do seu compromiso coa sostibilidade, o concello promove bos hábitos na xestión dos residuos e ofrece á veciñanza servizos que facilitan a separación correcta, o aproveitamento da materia orgánica e a reciclaxe dos principais fluxos de lixo doméstico.
Aquí atoparás toda a información necesaria para participar nas campañas activas e saber que residuos van en cada contedor.
Apúntate ás campañas activas!
Se vives en Barbadás, podes participar nas campañas de compostaxe
e contedor marrón para contribuír a reducir os residuos e mellorar o teu entorno.
Contedor de aceite usado
👉 En 2025 o Concello de Barbadás pon en marcha esta campaña coa colaboración da Procesora Galega de Alimentos.
Como usalo:
• Deposita só aceite de cociña usado en botellas de plástico ben pechadas.
• ❌ Non botes aceites de motor, graxas industriais ou envases abertos.
• ♻️ Ao participar, evitas a contaminación da auga e contribúes á produción de biocombustibles.
Ademais, o Concello organiza talleres en colexios, postos informativos e repartos de material para dar a coñecer esta nova campaña.
Contedor textil
👉 A campaña de recollida de téxtiles desenvólvese en colaboración con CÁRITAS, entidade que recolle a roupa e o calzado depositados e lles dá un destino social, apoiando a persoas e familias en situación de vulnerabilidade.
Como usalo:
• Podes depositar roupa, calzado e téxtiles do fogar en bolsas pechadas e limpas.
• ❌ Non se admiten colchóns, alfombras, téxtiles mollados ou materiais contaminados.
• ♻️ As pezas recollidas son destinadas á reutilización ou á reciclaxe, evitando residuos innecesarios.
Para reforzar a campaña, o Concello está a desenvolver talleres educativos, postos informativos e material divulgativo ao longo deste ano.
Os residuos en Barbadás
Contedor vermello (téxtil)
- Roupa, calzado e téxtiles do fogar (sempre en bolsas pechadas).
- Non vai: roupa mollada, colchóns e alfombras.
Contedor laranxa (aceite usado)
- Aceite de cociña usado (en botellas de plástico pechadas).
- Non vai: aceite de motor, graxas industriais e envases abertos.
Voluminosos
- Mobles, colchóns, electrodomésticos grandes, etc.
- Contacta co concello para a recollida ou lévao ao punto limpo.
- Non vai: Residuos perigosos ou lixo en bolsas.
Punto limpo de proximidade
- O Concello de Barbadás conta con varios puntos de proximidade repartidos polo municipio, pensados para facilitar á veciñanza o depósito de residuos especiais de pequeno tamaño, sen necesidade de desprazamentos longos.
- Pilas, cartuchos de tinta, móbiles antigos, cargadores, pequenos RAEE, CDs e DVDs.
Os RAEE son recollidos en diferentes contedores repartidos en instalacións públicas.
Novas
Onte celebrouse unha nova sesión informativa e entrega de material da campaña [...]
O Concello de Barbadás continúa apostando pola sensibilización ambiental da mocidade a [...]
Continúa a campaña de compostaxe do Concello de Barbadás cunha nova sesión [...]
O Concello de Barbadás continúa coa campaña de compostaxe doméstica, coa que [...]
Comeza a campaña de compostaxe do Concello de Barbadás cunha nova sesión [...]
O Concello de Barbadás pon en marcha dúas novas iniciativas para mellorar [...]
O Concello de Barbradás continúa a avanzar na implantación da compostaxe doméstica [...]
O Concello de Barbradás continúa a avanzar na implantación da compostaxe doméstica [...]
O Concello ofrece composteiros e apoio técnico gratuíto para que a veciñanza [...]







