Concello de Coirós


O Concello de Coirós é un concello aliado de O Camiño Sostible e camiña con paso firme cara a un modelo máis respectuoso co medio ambiente.
Como parte do seu compromiso coa sostibilidade, o concello promove bos hábitos na xestión dos residuos e ofrece á veciñanza servizos que facilitan a separación correcta, o aproveitamento da materia orgánica e a reciclaxe dos principais fluxos de lixo doméstico.
Aquí atoparás toda a información necesaria para participar nas campañas activas e saber que residuos van en cada contedor.
Apúntate ás campañas activas!
Se vives en Coirós, podes participar nas campañas de compostaxe para contribuír a reducir os residuos e mellorar o teu entorno.
Os residuos en Coirós
Voluminosos
- Mobles, colchóns, electrodomésticos grandes, etc.
- Contacta co concello para a recollida ou lévao ao punto limpo.
- Non vai: Residuos perigosos ou lixo en bolsas.
Existe servizo de voluminosos, con recollida unha vez cada dous meses (nos meses impares).
Punto limpo móbil
- O punto limpo móbil percorre as parroquias de Coirós unha vez ao mes para facilitar o acceso á veciñanza que vive lonxe do punto fixo.
- Podes levar: pilas, lámpadas, pequenos electrodomésticos, teléfonos, CDs/DVDs, cargadores, cartuchos de tinta, roupa, etc.
Calendario fixo trimestral:
-
- 22 a 28 de Setembro: Area de Santiago de Ois
- 29 de Setembro a 5 de Outubro: Escola de Queiris
- 6 a 12 de Outubro. Centro Social de Coirós
- 13 a 19 de Outubro: O Fontelo
- 20 a 26 de Outubro: Area de Santiago de Ois
- 27 de Outubro a 2 de Novembro: Escola de Queiris.
- 3 a 9 de Novembro: Centro Social de Coirós
- 10 a 16 de Novembro: O Fontelo
- 17 a 23 de Novembro: Área de Santiago de Ois
- 24 a 30 de Novembro: Escola de Queiris
- 1 a 8 Decembro: Centro Social de Coirós.
- 9 a 14 Decembro: O Fontelo
- 15 a 21 Decembro: Área de Santiago de Ois
- 22 a 28 Decembro : Escola de Queiris.
- 29 Decembro a 5 Xaneiro :Centro Social de Coiró
Novas
Comeza a campaña de compostaxe do Concello de Coirós cunha nova sesión [...]
O Concello de Coirós anuncia o inicio da nova campaña de compostaxe [...]
O Concello ofrece composteiros e apoio técnico gratuíto para que a veciñanza [...]





