Concello de Guitiriz


O Concello de Guitiriz é un concello aliado de O Camiño Sostible e camiña con paso firme cara a un modelo máis respectuoso co medio ambiente.
Como parte do seu compromiso coa sostibilidade, o concello promove bos hábitos na xestión dos residuos e ofrece á veciñanza servizos que facilitan a separación correcta, o aproveitamento da materia orgánica e a reciclaxe dos principais fluxos de lixo doméstico.
Aquí atoparás toda a información necesaria para participar nas campañas activas e saber que residuos van en cada contedor.
Apúntate ás campañas activas!
Se vives en Guitiriz, podes participar nas campañas de compostaxe
e contedor marrón para contribuír a reducir os residuos e mellorar o teu entorno.
Contedor textil
👉 A campaña de recollida de téxtiles desenvólvese en colaboración con Texlinca, entidade que recolle a roupa e o calzado depositados e lles dá un destino social, apoiando a persoas e familias en situación de vulnerabilidade.
Como usalo:
• Podes depositar roupa, calzado e téxtiles do fogar en bolsas pechadas e limpas.
• ❌ Non se admiten colchóns, alfombras, téxtiles mollados ou materiais contaminados.
• ♻️ As pezas recollidas son destinadas á reutilización ou á reciclaxe, evitando residuos innecesarios.
Para reforzar a campaña, o Concello está a desenvolver talleres educativos, postos informativos e material divulgativo ao longo deste ano.
Os residuos en Guitiriz
Punto limpo de proximidade
- O Concello de Guitiriz conta con varios puntos de proximidade repartidos polo municipio, pensados para facilitar á veciñanza o depósito de residuos especiais de pequeno tamaño, sen necesidade de desprazamentos longos.
- Pilas, cartuchos de tinta, móbiles antigos, cargadores, pequenos RAEE, CDs e DVDs.
Localizacións dispoñibles:
- Campo da feira de Guitiriz
- Avenida de Lugo
- Rúa do Ferrocarril en Parga
Novas
O Concello de Guitiriz continúa apostando pola sensibilización ambiental da mocidade a [...]
Continúa a campaña de compostaxe do Concello de Guitiriz cunha nova sesión [...]
O Concello de Guitiriz continúa apostando pola sensibilización ambiental da mocidade a [...]
O Concello de Guitiriz continúa coa campaña de compostaxe doméstica, coa que [...]
Comeza a campaña de compostaxe do Concello de Guitiriz cunha nova sesión [...]
Guitiriz pon en marcha as campañas de recollida de téxtil e biorresiduos a través do contedor marrón
O Concello de Guitiriz pon en marcha dúas novas iniciativas para mellorar [...]
O Concello ofrece composteiros e apoio técnico gratuíto para que a veciñanza [...]








