Concello de Mesía


O Concello de Mesía é un concello aliado de O Camiño Sostible e camiña con paso firme cara a un modelo máis respectuoso co medio ambiente.
Como parte do seu compromiso coa sostibilidade, o concello promove bos hábitos na xestión dos residuos e ofrece á veciñanza servizos que facilitan a separación correcta, o aproveitamento da materia orgánica e a reciclaxe dos principais fluxos de lixo doméstico.
Aquí atoparás toda a información necesaria para participar nas campañas activas e saber que residuos van en cada contedor.
Apúntate ás campañas activas!
Se vives en Mesía, podes participar nas campañas de compostaxe para contribuír a reducir os residuos e mellorar o teu entorno.
Contedor de aceite usado
👉 En 2025 o Concello de Mesía pon en marcha esta campaña coa colaboración dunha entidade social que se encarga de recoller o aceite usado e darlle un destino con valor ambiental e social, xerando tamén oportunidades de inclusión laboral.
Como usalo:
• Deposita só aceite de cociña usado en botellas de plástico ben pechadas.
• ❌ Non botes aceites de motor, graxas industriais ou envases abertos.
• ♻️ Ao participar, evitas a contaminación da auga e contribúes á produción de biocombustibles.
Ademais, o Concello organiza talleres en colexios, postos informativos e repartos de material para dar a coñecer esta nova campaña.
Contedor textil
👉 A campaña de recollida de téxtiles desenvólvese en colaboración con Equus Zebra, entidade que recolle a roupa e o calzado depositados e lles dá un destino social, apoiando a persoas e familias en situación de vulnerabilidade.
Como usalo:
• Podes depositar roupa, calzado e téxtiles do fogar en bolsas pechadas e limpas.
• ❌ Non se admiten colchóns, alfombras, téxtiles mollados ou materiais contaminados.
• ♻️ As pezas recollidas son destinadas á reutilización ou á reciclaxe, evitando residuos innecesarios.
Para reforzar a campaña, o Concello está a desenvolver talleres educativos, postos informativos e material divulgativo ao longo deste ano.
Os residuos en Mesía
Punto limpo fixo
- O Concello de Mesía conta con dous puntos limpos fixo para a recollida de residuos especiais que non deben ir aos colectores convencionais.
- Podes depositar: mobles, colchóns, electrodomésticos, pinturas, RAEE, lámpada, envases contaminados, etc.
Localización:
- Frades 981 695 567
- Mesía 981 687 001
Horario de apertura:
- Mércores de 16:00h a 20:00h
- Sábado de 12:00h a 16:00h
Punto limpo móbil
- O punto limpo móbil percorre as parroquias de Mesía cambiando de localización cada 15 dias.
- Podes levar: pilas, lámpadas, pequenos electrodomésticos, teléfonos, CDs/DVDs, cargadores, cartuchos de tinta, roupa, etc.
Novas
O Concello de Mesía continúa apostando pola sensibilización ambiental da mocidade a [...]
Continúa a campaña de compostaxe do Concello de Mesía cunha nova sesión [...]
O Concello de Mesía continúa coa campaña de compostaxe doméstica, coa que [...]
O Concello de Mesía continúa coa campaña de compostaxe doméstica, coa que [...]
O Concello de Mesía deu onte un paso máis na súa aposta [...]
O C O Concello de Mesía pon en marcha dúas novas iniciativas [...]
O Concello de Mesía deu hoxe o pistoletazo de saída á campaña [...]
Este mércores 12, celebrouse no Concello de Mesía un inspirador obradoiro de [...]
O Concello ofrece composteiros e apoio técnico gratuíto para que a veciñanza [...]





