Concello de Moraña

Concello de Portas

Concello de Campo Lameiro

Os Concellos de Moraña, Portas e Campo Lameiro son concellos aliados de O Camiño Sostible e camiñan con paso firme cara a un modelo máis respectuoso co medio ambiente.

Como parte do seu compromiso coa sostibilidade, o promoven bos hábitos na xestión dos residuos e ofrecen á veciñanza servizos que facilitan a separación correcta, o aproveitamento da materia orgánica e a reciclaxe dos principais fluxos de lixo doméstico.

Aquí atoparás toda a información necesaria para participar nas campañas activas e saber que residuos van en cada contedor.

Apúntate ás campañas activas!

Se vives en Moraña, Portas ou Campo Lameiro, podes participar nas campañas de compostaxe
e contedor marrón para contribuír a reducir os residuos e mellorar o teu entorno.

Compostaxe comunitaria

Compostaxe comunitaria

Se vives preto dunha illa de compostaxe comunitaria, podes participar de forma sinxela nun sistema colectivo de aproveitamento dos residuos orgánicos. Só terás que entregar os teus restos orgánicos no punto asignado, con apoio e formación inicial.

Compostaxe doméstica

Se tes horta ou xardín, podes recibir un composteiro individual e participar nunha campaña de compostaxe adaptada á túa vivenda. Inclúe formación, materiais divulgativos e visitas de seguimento para que aproveites ao máximo os teus biorresiduos.

Campaña de contedor marrón veciñanza

Separas os restos de comida no teu fogar? Solicita o teu caldeiro marrón «de balde» e colabora na recollida separada da fracción orgánica. Recibirás información clara e materiais útiles para facelo ben desde o primeiro día.

Campaña de contedor marrón medianos e grandes produtores

Se tes un negocio e es gran produtor de residuos orgánicos no Concello (comercio, bar, restaurante, hotel, etc.) podes reciclalos grazas ao colector marrón. Recibirás asesoramento e material.

Contedor de aceite usado

👉 En 2025 ponse en marcha esta campaña coa colaboración dunha entidade social que se encarga de recoller o aceite usado e darlle un destino con valor ambiental e social, xerando tamén oportunidades de inclusión laboral.

Como usalo:
• Deposita só aceite de cociña usado en botellas de plástico ben pechadas.
• ❌ Non botes aceites de motor, graxas industriais ou envases abertos.
• ♻️ Ao participar, evitas a contaminación da auga e contribúes á produción de biocombustibles.

Ademais, fanse talleres en colexios, postos informativos e repartos de material para dar a coñecer esta nova campaña.

Contedor textil

👉 A campaña de recollida de téxtiles desenvólvese en colaboración cunha entidade que recolle a roupa e o calzado depositados e lles dá un destino social, apoiando a persoas e familias en situación de vulnerabilidade.

Como usalo:
• Podes depositar roupa, calzado e téxtiles do fogar en bolsas pechadas e limpas.
• ❌ Non se admiten colchóns, alfombras, téxtiles mollados ou materiais contaminados.
• ♻️ As pezas recollidas son destinadas á reutilización ou á reciclaxe, evitando residuos innecesarios.

Para reforzar a campaña, están a desenvolverse talleres educativos, postos informativos e material divulgativo ao longo deste ano.

Os residuos en Moraña, Portas e Campo Lameiro.

Contedor marrón (orgánico)

  • Restos de comida, froita, pan e panos de papel.
  • Non vai: plásticos, cueiros, areeiras de animais e toalliñas.

Contedor amarelo (envases lixeiros)

  • Envases de plástico, latas, briks, tapas e envoltorios.
  • Non vai: xoguetes, plásticos con restos e utensilios de cociña.

Contedor verde (vidrio)

  • Botellas, frascos e tarros de vidro.
  • Non vai: tapóns, espellos, cristais rotos, vasos e lámpadas.

Contedor azul (papel e cartón)

  • Caixas, xornais, bolsas e sobres de papel.
  • Non vai: papel sucio, briks, toalliñas e cueiros.

Contedor vermello (téxtil)

  • Roupa, calzado e téxtiles do fogar (sempre en bolsas pechadas).
  • Non vai: roupa mollada, colchóns e alfombras.

Contedor laranxa (aceite usado)

  • Aceite de cociña usado (en botellas de plástico pechadas).
  • Non vai: aceite de motor, graxas industriais e envases abertos.

Contedor gris (resto)

  • Cueiros, vaixelas rotas ou lixo non reciclable.
  • Non vai: orgánica, reciclables ou residuos perigosos.

Compostaxe doméstica

  • Transforma os teus restos orgánicos en compost se tes horta ou xardín.
  • Recibirás un composteiro, formación e seguimento.

Compostaxe comunitaria

  • Leva os teus restos á illa de compostaxe máis próxima.
  • Non vai: carne, peixe, plásticos ou produtos procesados.

Punto SIGRE (medicamentos)

  • Envases baleiros, caducados ou restos de medicamentos.
  • Atoparás o punto SIGRE en calquera farmacia.
  • Non vai: xeringas, termómetros ou produtos químicos.

Voluminosos

  • Mobles, colchóns, electrodomésticos grandes, etc.
  • Contacta co concello para a recollida ou lévao ao punto limpo.
  • Non vai: Residuos perigosos ou lixo en bolsas.

Para facer uso deste servizo debes contactar con:

  • 986 55 94 56
  • 699 14 97 84
  • 609 46 97 09

Novas