Concello de Porriño


O Concello de Porriño é un concello aliado de O Camiño Sostible e camiña con paso firme cara a un modelo máis respectuoso co medio ambiente.
Como parte do seu compromiso coa sostibilidade, o concello promove bos hábitos na xestión dos residuos e ofrece á veciñanza servizos que facilitan a separación correcta, o aproveitamento da materia orgánica e a reciclaxe dos principais fluxos de lixo doméstico.
Aquí atoparás toda a información necesaria para participar nas campañas activas e saber que residuos van en cada contedor.
Apúntate ás campañas activas!
Se vives en Porriño, podes participar na campaña de contedor marrón para contribuír a reducir os residuos e mellorar o teu entorno.
Contedor de aceite usado
👉 En 2025 o Concello de Porriño pon en marcha esta campaña coa colaboración de Green Ambiental, unha empresa dedicada á xestión de resiudios e servizos municipais especilizada na recollida urbana e a fabricación de contedores.
Como usalo:
• Deposita só aceite de cociña usado en botellas de plástico ben pechadas.
• ❌ Non botes aceites de motor, graxas industriais ou envases abertos.
• ♻️ Ao participar, evitas a contaminación da auga e contribúes á produción de biocombustibles.
Ademais, o Concello organiza talleres en colexios, postos informativos e repartos de material para dar a coñecer esta nova campaña.
Contedor textil
👉 A campaña de recollida de téxtiles desenvólvese en colaboración con CÁRITAS, entidade que recolle a roupa e o calzado depositados e lles dá un destino social, apoiando a persoas e familias en situación de vulnerabilidade.
Como usalo:
• Podes depositar roupa, calzado e téxtiles do fogar en bolsas pechadas e limpas.
• ❌ Non se admiten colchóns, alfombras, téxtiles mollados ou materiais contaminados.
• ♻️ As pezas recollidas son destinadas á reutilización ou á reciclaxe, evitando residuos innecesarios.
Para reforzar a campaña, o Concello está a desenvolver talleres educativos, postos informativos e material divulgativo ao longo deste ano.
Os residuos en Porriño
Punto limpo fixo
- O Concello de Porriño conta cun punto limpo fixo para a recollida de residuos especiais que non deben ir aos colectores convencionais.
- Podes depositar: mobles, colchóns, electrodomésticos, pinturas, RAEE, lámpada, envases contaminados, etc.
Localización:
- Polígono Industrial A Granxa (Budiño)
Horario de apertura:
- De luns a venres de 10h a 14h e os luns tamén de 16h a 20h
Teléfono:
- 986 342 147
Novas
O Concello do Porriño pon en marcha dúas novas iniciativas para mellorar [...]
O Concello do Porriño celebrará este sábado 22 de novembro o Día [...]
Este venres 21, celebrouse no Concello de O porriño un inspirador obradoiro [...]
Máis de cincuenta persoas participaron hoxe nunha visita organizada polo Concello do [...]
O Concello do Porriño continúa avanzando cara a un modelo de xestión [...]
O Concello do Porriño continúa avanzando cara a un modelo de xestión [...]
O Concello do Porriño continúa avanzando cara a un modelo de xestión [...]
O Concello do Porriño continúa coa súa campaña informativa para promover unha [...]
O Concello do Porriño continúa impulsando o seu compromiso cun modelo de [...]
O Concello do Porriño continúa avanzando cara a un modelo de xestión [...]








