Concello de Piquín


O Concello de Piquín é un concello aliado de O Camiño Sostible e camiña con paso firme cara a un modelo máis respectuoso co medio ambiente.
Como parte do seu compromiso coa sostibilidade, o concello promove bos hábitos na xestión dos residuos e ofrece á veciñanza servizos que facilitan a separación correcta, o aproveitamento da materia orgánica e a reciclaxe dos principais fluxos de lixo doméstico.
Aquí atoparás toda a información necesaria para participar nas campañas activas e saber que residuos van en cada contedor.
Apúntate ás campañas activas!
Se vives en Piquín, podes participar nas campañas de compostaxe
e contedor marrón para contribuír a reducir os residuos e mellorar o teu entorno.
Contedor de aceite usado
👉 En 2025 o Concello de Piquín pon en marcha esta campaña coa colaboración de Mulleres Colleiteiras, unha entidade social que se encarga de recoller o aceite usado e darlle un destino con valor ambiental e social, xerando tamén oportunidades de inclusión laboral.
Como usalo:
• Deposita só aceite de cociña usado en botellas de plástico ben pechadas.
• ❌ Non botes aceites de motor, graxas industriais ou envases abertos.
• ♻️ Ao participar, evitas a contaminación da auga e contribúes á produción de biocombustibles.
Ademais, o Concello organiza talleres en colexios, postos informativos e repartos de material para dar a coñecer esta nova campaña.
Contedor textil
👉 A campaña de recollida de téxtiles desenvólvese en colaboración con CÁRITAS, entidade que recolle a roupa e o calzado depositados e lles dá un destino social, apoiando a persoas e familias en situación de vulnerabilidade.
Como usalo:
• Podes depositar roupa, calzado e téxtiles do fogar en bolsas pechadas e limpas.
• ❌ Non se admiten colchóns, alfombras, téxtiles mollados ou materiais contaminados.
• ♻️ As pezas recollidas son destinadas á reutilización ou á reciclaxe, evitando residuos innecesarios.
Para reforzar a campaña, o Concello está a desenvolver talleres educativos, postos informativos e material divulgativo ao longo deste ano.
Os residuos en Piquín
Punto limpo fixo
- O Concello de Piquín conta cun punto limpo fixo para a recollida de residuos especiais que non deben ir aos colectores convencionais.
- Podes depositar: mobles, colchóns, electrodomésticos, pinturas, RAEE, lámpada, envases contaminados, etc.
Localización:
- Polígono de O Piquín, parcela 3
Horario de apertura:
- Martes e xoves de 10:00 a 13:00 h
- Sábados de 9:30 a 13:30 h
Punto limpo móbil
- O punto limpo móbil percorre as parroquias de Piquín unha vez ao mes para facilitar o acceso á veciñanza que vive lonxe do punto fixo.
- Podes levar: pilas, lámpadas, pequenos electrodomésticos, teléfonos, CDs/DVDs, cargadores, cartuchos de tinta, roupa, etc.
Calendario fixo mensual:
- 1º mércores de mes: O Piquín (praza do Concello)
- 2º mércores de mes: Vilaverde (diante do centro social)
- 3º mércores de mes: Barxa (campo da festa)
- 4º mércores de mes: Coea (pista polideportiva)
Horario: de 10:00 a 12:30 h
Punto limpo de proximidade
- O Concello de Piquín conta con varios puntos de proximidade repartidos polo municipio, pensados para facilitar á veciñanza o depósito de residuos especiais de pequeno tamaño, sen necesidade de desprazamentos longos.
- Pilas, cartuchos de tinta, móbiles antigos, cargadores, pequenos RAEE, CDs e DVDs.
Localizacións dispoñibles:
- Casa do Concello (entrada principal)
- Centro Social de Vilaverde
- Biblioteca municipal de Barxa
- Consultorio médico de Coea
- Escola infantil A Carballeira
Acceso durante o horario de apertura de cada instalación.
Novas
Continúa a campaña de compostaxe do Concello de Ponteceso cunha nova sesión [...]
O Concello de Ponteceso recorda á súa veciñanza a oportunidade de participar [...]
O mércores 19 de xuño ás 12:00, na Casa do Concello, o [...]
O CEIP Eduardo Pondal e CEIP As Forcadas acolleron, o pasado día [...]








