Concello de Ponteceso

O Concello de Ponteceso é un concello aliado de O Camiño Sostible e camiña con paso firme cara a un modelo máis respectuoso co medio ambiente.

Como parte do seu compromiso coa sostibilidade, o concello promove bos hábitos na xestión dos residuos e ofrece á veciñanza servizos que facilitan a separación correcta, o aproveitamento da materia orgánica e a reciclaxe dos principais fluxos de lixo doméstico.

Aquí atoparás toda a información necesaria para participar nas campañas activas e saber que residuos van en cada contedor.

Apúntate ás campañas activas!

Se vives en Ponteceso, podes participar nas campañas de compostaxe
e contedor marrón para contribuír a reducir os residuos e mellorar o teu entorno.

Compostaxe comunitaria

Compostaxe comunitaria

Se vives preto dunha illa de compostaxe comunitaria, podes participar de forma sinxela nun sistema colectivo de aproveitamento dos residuos orgánicos. Só terás que entregar os teus restos orgánicos no punto asignado, con apoio e formación inicial.

Compostaxe doméstica

Se tes horta ou xardín, podes recibir un composteiro individual e participar nunha campaña de compostaxe adaptada á túa vivenda. Inclúe formación, materiais divulgativos e visitas de seguimento para que aproveites ao máximo os teus biorresiduos.

Campaña de contedor marrón veciñanza

Separas os restos de comida no teu fogar? Solicita o teu caldeiro marrón «de balde» e colabora na recollida separada da fracción orgánica. Recibirás información clara e materiais útiles para facelo ben desde o primeiro día.

Campaña de contedor marrón medianos e grandes produtores

Se tes un negocio e es gran produtor de residuos orgánicos no Concello (comercio, bar, restaurante, hotel, etc.) podes reciclalos grazas ao colector marrón. Recibirás asesoramento e material.

Os residuos en Ponteceso

Contedor amarelo (envases lixeiros)

  • Envases de plástico, latas, briks, tapas e envoltorios.
  • Non vai: xoguetes, plásticos con restos e utensilios de cociña.

Contedor verde (vidrio)

  • Botellas, frascos e tarros de vidro.
  • Non vai: tapóns, espellos, cristais rotos, vasos e lámpadas.

Contedor azul (papel e cartón)

  • Caixas, xornais, bolsas e sobres de papel.
  • Non vai: papel sucio, briks, toalliñas e cueiros.

Contedor gris (resto)

  • Cueiros, vaixelas rotas ou lixo non reciclable.
  • Non vai: orgánica, reciclables ou residuos perigosos.

Compostaxe doméstica

  • Transforma os teus restos orgánicos en compost se tes horta ou xardín.
  • Recibirás un composteiro, formación e seguimento.

Punto SIGRE (medicamentos)

  • Envases baleiros, caducados ou restos de medicamentos.
  • Atoparás o punto SIGRE en calquera farmacia.
  • Non vai: xeringas, termómetros ou produtos químicos.

Novas