Concello de Tordoia


O Concello de Tordoia é un concello aliado de O Camiño Sostible e camiña con paso firme cara a un modelo máis respectuoso co medio ambiente.
Como parte do seu compromiso coa sostibilidade, o concello promove bos hábitos na xestión dos residuos e ofrece á veciñanza servizos que facilitan a separación correcta, o aproveitamento da materia orgánica e a reciclaxe dos principais fluxos de lixo doméstico.
Aquí atoparás toda a información necesaria para participar nas campañas activas e saber que residuos van en cada contedor.
Apúntate ás campañas activas!
Se vives en Todoia, podes participar nas campañas de compostaxe
e contedor marrón para contribuír a reducir os residuos e mellorar o teu entorno.
Contedor textil
👉 A campaña de recollida de téxtiles desenvólvese en colaboración dunha entidade que recolle a roupa e o calzado depositados e lles dá un destino social, apoiando a persoas e familias en situación de vulnerabilidade.
Como usalo:
• Podes depositar roupa, calzado e téxtiles do fogar en bolsas pechadas e limpas.
• ❌ Non se admiten colchóns, alfombras, téxtiles mollados ou materiais contaminados.
• ♻️ As pezas recollidas son destinadas á reutilización ou á reciclaxe, evitando residuos innecesarios.
Para reforzar a campaña, o Concello está a desenvolver talleres educativos, postos informativos e material divulgativo ao longo deste ano.
Os residuos en Tordoia
Novas
Continúa a campaña de compostaxe do Concello de Tordoia cunha nova sesión [...]
O Concello de Tordoia continúa apostando pola sensibilización ambiental da mocidade a [...]
O Concello de Tordoia pon en marcha unha nova campaña de recollida [...]
O Concello de Tordoia pon en marcha unha nova campaña de recollida [...]
O Concello de Tordoia continúa a avanzar na implantación da compostaxe doméstica [...]
O Concello ofrece composteiros e apoio técnico gratuíto para que a veciñanza [...]








