Concello de Trazo

Concello de Trazo

O Concello de Trazo é un concello aliado de O Camiño Sostible e camiña con paso firme cara a un modelo máis respectuoso co medio ambiente.

Como parte do seu compromiso coa sostibilidade, o concello promove bos hábitos na xestión dos residuos e ofrece á veciñanza servizos que facilitan a separación correcta, o aproveitamento da materia orgánica e a reciclaxe dos principais fluxos de lixo doméstico.

Aquí atoparás toda a información necesaria para participar nas campañas activas e saber que residuos van en cada contedor.

Apúntate ás campañas activas!

Se vives en Trazo, podes participar nas campañas de compostaxe
e contedor marrón para contribuír a reducir os residuos e mellorar o teu entorno.

Compostaxe comunitaria

Compostaxe comunitaria

Se vives preto dunha illa de compostaxe comunitaria, podes participar de forma sinxela nun sistema colectivo de aproveitamento dos residuos orgánicos. Só terás que entregar os teus restos orgánicos no punto asignado, con apoio e formación inicial.

Compostaxe doméstica

Se tes horta ou xardín, podes recibir un composteiro individual e participar nunha campaña de compostaxe adaptada á túa vivenda. Inclúe formación, materiais divulgativos e visitas de seguimento para que aproveites ao máximo os teus biorresiduos.

Contedor de aceite usado

👉 En 2025 o Concello de Trazo pon en marcha esta campaña coa colaboración de VI.NI.A, unha asociación de colabora con Biocoilgreen, quen trata o aceite usado para transformalo en biodiesel.

Como usalo:
• Deposita só aceite de cociña usado en botellas de plástico ben pechadas.
• ❌ Non botes aceites de motor, graxas industriais ou envases abertos.
• ♻️ Ao participar, evitas a contaminación da auga e contribúes á produción de biocombustibles.

Ademais, o Concello organiza talleres en colexios, postos informativos e repartos de material para dar a coñecer esta nova campaña.

Os residuos en Trazo

Contedor amarelo (envases lixeiros)

  • Envases de plástico, latas, briks, tapas e envoltorios.
  • Non vai: xoguetes, plásticos con restos e utensilios de cociña.

Contedor verde (vidrio)

  • Botellas, frascos e tarros de vidro.
  • Non vai: tapóns, espellos, cristais rotos, vasos e lámpadas.

Contedor azul (papel e cartón)

  • Caixas, xornais, bolsas e sobres de papel.
  • Non vai: papel sucio, briks, toalliñas e cueiros.

Contedor vermello (téxtil)

  • Roupa, calzado e téxtiles do fogar (sempre en bolsas pechadas).
  • Non vai: roupa mollada, colchóns e alfombras.

Contedor laranxa (aceite usado)

  • Aceite de cociña usado (en botellas de plástico pechadas).
  • Non vai: aceite de motor, graxas industriais e envases abertos.

Contedor verde (resto)

  • Cueiros, vaixelas rotas ou lixo non reciclable.
  • Non vai: orgánica, reciclables ou residuos perigosos.

Compostaxe doméstica

  • Transforma os teus restos orgánicos en compost se tes horta ou xardín.
  • Recibirás un composteiro, formación e seguimento.

Compostaxe comunitaria

  • Leva os teus restos á illa de compostaxe máis próxima.
  • Non vai: carne, peixe, plásticos ou produtos procesados.

Punto SIGRE (medicamentos)

  • Envases baleiros, caducados ou restos de medicamentos.
  • Atoparás o punto SIGRE en calquera farmacia.
  • Non vai: xeringas, termómetros ou produtos químicos.

Voluminosos

  • Mobles, colchóns, electrodomésticos grandes, etc.
  • Non vai: Residuos perigosos ou lixo en bolsas.

Podes facer uso deste servizo o segundo venres do mes, haberá recollida en Cerceda Sol.

Punto limpo móbil

  • Podes levar: pilas, lámpadas, pequenos electrodomésticos, teléfonos, CDs/DVDs, cargadores, cartuchos de tinta, roupa, etc.
  • Atópase en viaño pequeno

Punto limpo de proximidade

  • O Concello de Trazo conta cun punto de proximidade, pensado para facilitar á veciñanza o depósito de residuos especiais de pequeno tamaño, sen necesidade de desprazamentos longos.
  • Pilas, cartuchos de tinta, móbiles antigos, cargadores, pequenos RAEE, CDs e DVDs.

Localización:

  • Viaño pequeno (ecopilas)

Novas