Concello de Vilasantar

O Concello de Vilasantar é un concello aliado de O Camiño Sostible e camiña con paso firme cara a un modelo máis respectuoso co medio ambiente.

Como parte do seu compromiso coa sostibilidade, o concello promove bos hábitos na xestión dos residuos e ofrece á veciñanza servizos que facilitan a separación correcta, o aproveitamento da materia orgánica e a reciclaxe dos principais fluxos de lixo doméstico.

Aquí atoparás toda a información necesaria para participar nas campañas activas e saber que residuos van en cada contedor.

Apúntate ás campañas activas!

Se vives en Vilasantar, podes participar nas campañas de compostaxe
e contedor marrón para contribuír a reducir os residuos e mellorar o teu entorno.

Compostaxe comunitaria

Compostaxe comunitaria

Se vives preto dunha illa de compostaxe comunitaria, podes participar de forma sinxela nun sistema colectivo de aproveitamento dos residuos orgánicos. Só terás que entregar os teus restos orgánicos no punto asignado, con apoio e formación inicial.

Compostaxe doméstica

Se tes horta ou xardín, podes recibir un composteiro individual e participar nunha campaña de compostaxe adaptada á túa vivenda. Inclúe formación, materiais divulgativos e visitas de seguimento para que aproveites ao máximo os teus biorresiduos.

Os residuos en Vilasantar

Contedor marrón (orgánico)

  • Restos de comida, froita, pan e panos de papel.
  • Non vai: plásticos, cueiros, areeiras de animais e toalliñas.

Contedor amarelo (envases lixeiros)

  • Envases de plástico, latas, briks, tapas e envoltorios.
  • Non vai: xoguetes, plásticos con restos e utensilios de cociña.

Contedor verde (vidrio)

  • Botellas, frascos e tarros de vidro.
  • Non vai: tapóns, espellos, cristais rotos, vasos e lámpadas.

Contedor azul (papel e cartón)

  • Caixas, xornais, bolsas e sobres de papel.
  • Non vai: papel sucio, briks, toalliñas e cueiros.

Contedor vermello (téxtil)

  • Roupa, calzado e téxtiles do fogar (sempre en bolsas pechadas).
  • Non vai: roupa mollada, colchóns e alfombras.

Contedor laranxa (aceite usado)

  • Aceite de cociña usado (en botellas de plástico pechadas).
  • Non vai: aceite de motor, graxas industriais e envases abertos.

Contedor gris (resto)

  • Cueiros, vaixelas rotas ou lixo non reciclable.
  • Non vai: orgánica, reciclables ou residuos perigosos.

Compostaxe doméstica

  • Transforma os teus restos orgánicos en compost se tes horta ou xardín.
  • Recibirás un composteiro, formación e seguimento.

Compostaxe comunitaria

  • Leva os teus restos á illa de compostaxe máis próxima.
  • Non vai: carne, peixe, plásticos ou produtos procesados.

Punto SIGRE (medicamentos)

  • Envases baleiros, caducados ou restos de medicamentos.
  • Atoparás o punto SIGRE en calquera farmacia.
  • Non vai: xeringas, termómetros ou produtos químicos.

Voluminosos

  • Mobles, colchóns, electrodomésticos grandes, etc.
  • Contacta co concello para a recollida ou lévao ao punto limpo.
  • Non vai: Residuos perigosos ou lixo en bolsas.

Para facer uso deste servizo debes facer unha solicitude a través da Sede Electrónica do concello

Punto limpo fixo

  • O Concello de Piquín conta cun punto limpo fixo para a recollida de residuos especiais que non deben ir aos colectores convencionais.
  • Podes depositar: mobles, colchóns, electrodomésticos, pinturas, RAEE, lámpada, envases contaminados, etc.

Horario de apertura:

  • Luns, de 9:00 a 11:00 h
  • Venres, de 12:00 a 14:00 h

Para outros horarios, contacta coas oficinas municipais no 981 77 81 69.

Novas