Concurso Mans á terra!
Qué é
Mans á terra?
Mans á Terra! é un concurso escolar dirixido a centros de Educación Primaria de Galicia que quere animar ao alumnado a pasar á acción fronte aos retos ambientais actuais.
A través deste concurso, os centros desenvolverán un reto ambiental, deseñado e levado a cabo polo alumnado, co acompañamento do profesorado, e adaptado á realidade do seu centro, a súa contorna e a súa comunidade.
Valóranse especialmente aquelas iniciativas que fomenten a responsabilidade ambiental, o pensamento crítico e o coidado activo do territorio.

Que debe ter todo reto para ser válido
- Participación activa do alumnado: o alumnado debe ser protagonista do reto, non só espectador.
- Acción real: non se aceptan traballos só teóricos. O reto debe incluír accións concretas.
- Concienciación ambiental: o reto debe axudar a entender un problema ambiental e promover cambios de hábitos.
- Documentación do proceso: será necesario deixar constancia do traballo realizado.

Proposta de temáticas
♻️ Residuos e reciclaxe
💧 Auga
⚡ Enerxía
🌱 Biodiversidade e natureza
👕 Consumo responsable
🚶♀️ Mobilidade sostible



