CONTINÚA EN BARBADÁS A NOVA CAMPAÑA DE COMPOSTAXE DOMÉSTICA CON OUTRA ENTREGA
Onte celebrouse unha nova sesión informativa e entrega de material da campaña de compostaxe doméstica en Barbadás.
O encontro contou coa incorporación de 20 novas persoas á iniciativa de autoxestión dos biorresiduos.
Con esta nova edición, continúa ampliándose a rede de fogares galegos comprometidos coa compostaxe doméstica, unha práctica que permite reducir os residuos orgánicos e transformar os restos orgánicos en abono natural de alta calidade.
Nas sesións explícanse os principios básicos da compostaxe e entrégase de balde un composteiro para que cada fogar poida comezar a compostar na súa propia vivenda.
As persoas interesadas poden atopar toda a información actualizada na páxina web: barbadas.ocaminosostible.gal. Tamén poden contactar a través do teléfono 647 521 464 ou do correo electrónico info@ocaminosostible.gal.
Esta iniciativa conta co apoio da Xunta de Galicia e o financiamento do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Next Generation EU, e forma parte da aposta por un modelo de xestión sostible e de proximidade, implicando á cidadanía na redución e valorización dos seus propios residuos.




