CONTINÚA EN MESIA A CAMPAÑA DE COMPOSTAXE DOMÉSTICA CUNHA ENTREGA

Continúa a campaña de compostaxe do Concello de Mesía cunha nova sesión informativa e entrega de material celebrada na Casa da Cultura.

O encontro tivo luga o venres 27 de marzo e contou coa incorporación de 15  novas familia á iniciativa de autoxestión dos biorresiudos.

Con esta nova edición, continúa ampliándose a rede de fogares galegos comprometidos coa compostaxe doméstica, unha práctica que permite reducir os residuos orgánicos e transformar o lixo en abono natural de alta calidade.

Nas sesións explícanse os principios básicos da compostaxe e entrégase de balde un composteiro.

As persoas interesadas poden atopar toda a información actualizada na páxina web: mesia.ocaminosostible.gal. Tamén poden contactar a través do teléfono 647 521 464 ou do correo electrónico info@ocaminosostible.gal.

Esta iniciativa conta co apoio da Xunta de Galicia e o financiamento do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Next Generation EU, e forma parte da aposta do Consorcio As Mariñas por un modelo de xestión sostible e de proximidade, implicando á cidadanía na redución e valorización dos seus propios residuos.

Novas relacionadas