CONTINÚA EN O ROSAL A NOVA CAMPAÑA DE COMPOSTAXE DOMÉSTICA CON OUTRA ENTREGA DE COMPOSTEIROS

Continúa a campaña de compostaxe do Concello de O Rosal cunha nova sesión informativa e entrega de material celebrada na Sala de Exposicións do Concello.

O encontro terá lugar o xoves 12 ás 20:00h na sala de exposicións do concello.

Con esta nova edición, continúa ampliándose a rede de fogares galegos comprometidos coa compostaxe doméstica, unha práctica que permite reducir os residuos orgánicos e transformar o lixo en abono natural de alta calidade.

Nas sesións explícanse os principios básicos da compostaxe e entrégase de balde un composteiro.

As persoas interesadas poden atopar toda a información actualizada na páxina web: orosal.ocaminosostible.gal. Tamén poden contactar a través do teléfono 647 521 464 ou do correo electrónico info@ocaminosostible.gal.

Esta iniciativa conta co apoio da Xunta de Galicia e o financiamento do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Next Generation EU, e forma parte da aposta do Consorcio As Mariñas por un modelo de xestión sostible e de proximidade, implicando á cidadanía na redución e valorización dos seus propios residuos.