CONTINÚA EN SOBRADO A CAMPAÑA DE COMPOSTAXE DOMÉSTICA CUNHA ENTREGA

Continúa a campaña de compostaxe do Concello de Sobrado cunha nova sesión informativa e entrega de material celebrada no Salón de Plenos do Concello.

O encontro terá lugar o venres 20 na Casa do Concello ás 12:30h.

Con esta nova edición, continúa ampliándose a rede de fogares galegos comprometidos coa compostaxe doméstica, unha práctica que permite reducir os residuos orgánicos e transformar o lixo en abono natural de alta calidade.

Nas sesións explícanse os principios básicos da compostaxe e entrégase de balde un composteiro.

As persoas interesadas poden atopar toda a información actualizada na páxina web do Consorcio: sobrado.ocaminosostible.gal ou inscribirse directamente en https://sobrado.ocaminosostible.gal. Tamén poden contactar a través do teléfono 647 521 464 ou do correo electrónico info@ocaminosostible.gal.

Esta iniciativa conta co apoio da Xunta de Galicia e o financiamento do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Next Generation EU, e forma parte da aposta do Consorcio As Mariñas por un modelo de xestión sostible e de proximidade, implicando á cidadanía na redución e valorización dos seus propios residuos.