Convócanse as entidades sociais do Porriño a unha charla informativa sobre a nova campaña de residuos
O Concello do Porriño convida a todas as entidades sociais do municipio, incluíndo asociacións veciñais, culturais, deportivas, educativas e tamén as comisións de festas, a participar nunha charla informativa o mércores 29 de outubro ás 20:00 horas no Salón de Plenos do Concello.
Na sesión, un técnico especializado explicará como se vai desenvolver a nova campaña municipal de residuos, que terá tres eixos principais:
- Contedor marrón (biorresiduos): que materiais van dentro, boas prácticas e implantación no municipio.
- Recollida de aceite doméstico usado: puntos de entrega, seguridade e beneficios ambientais.
- Recollida de téxtil: que prendas se aceptan e destino do material recuperado.
O obxectivo é achegar información directa e práctica ás entidades para mellorar a xestión de residuos municipal, facilitar a súa labor nas comunidades e festas locais, e resolver as dúbidas frecuentes.
“As entidades sociais, incluídas as comisións de festas, son un piar fundamental para chegar á veciñanza e acadar mellores resultados na separación en orixe”, sinala a organización da charla.
Detalles da convocatoria
- Data e hora: Mércores, 29 de outubro de 2025, ás 20:00 h
- Lugar: Salón de Plenos do Concello do Porriño
- Público destinatario: Entidades sociais do Porriño (asociacións veciñais, culturais, deportivas, educativas e comisións de festas)
- Acceso: Entrada libre ata completar afor
As persoas interesadas poden atopar toda a información actualizada na páxina web: porrino.ocaminosostible.gal. Tamén poden contactar a través do teléfono 647 521 464 ou do correo electrónico info@ocaminosostible.gal.
Esta iniciativa conta co apoio da Xunta de Galicia e o financiamento do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Next Generation EU, e forma parte da aposta do concello por un modelo de xestión sostible e de proximidade, implicando á cidadanía na redución e valorización dos seus propios residuos.




