EMPEZA EN PALAS DE REI A CAMPAÑA DO CONTEDOR MARRÓN PARA OS BIORRESIDUOS

O Concello de Palas de Rei pon en marcha unha nova campaña de recollida de biorresiduos co obxectivo de facilitar que toda a veciñanza poida separar a materia orgánica no contedor marrón, reducindo así o volume de lixo que se deposita no colector xenérico e avanzando cara a un modelo de xestión máis sostible. A iniciativa permitirá dar unha segunda vida aos restos de comida, transformándoos nun recurso útil para o solo e contribuíndo ao cumprimento da normativa europea en materia de residuos.

A materia orgánica representa unha parte moi importante do lixo que xeramos diariamente. Separala correctamente na casa é clave para diminuír os residuos que acaban en vertedoiro, reducir os custos de tratamento e mellorar o impacto ambiental do municipio. Canto mellor separemos, máis fácil será pechar o ciclo da materia orgánica e devolverlle ao chan nutrientes de calidade a través de procesos de valorización como o compostaxe.

Nas vindeiras semanas desenvolveranse diferentes puntos informativos e accións de rúa en Palas de Rei, nos que se explicará detalladamente como funciona o contedor marrón, que residuos se poden depositar (restos de comida cotiáns, froita, verdura, pos de café, restrollos de xardín en pequena cantidade, etc.) e cales non deben botarse nunca. Nestes encontros tamén se resolverán todas as dúbidas da veciñanza e informarase sobre os beneficios ambientais e económicos dunha correcta separación en orixe.

As persoas interesadas poden solicitar máis información a través do teléfono 647 52 14 64 ou do correo electrónico info@ocaminosostible.gal.

Esta iniciativa conta co apoio da Xunta de Galicia e o financiamento do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Next Generation EU.

#Compostaxe #Biorresiduos #ConsorcioAsMariñas #XuntadeGalicia #NextGenerationEU #MinisterioTransiciónEcolóxica #RecuperaciónTransformaciónResiliencia