FORNELOS DE MONTES PON EN MARCHA A RECOLLIDA SEPARADA DO LIXO ORGÁNICO CON CONTEDORES MARRÓNS INTELIXENTES
O Concello de Fornelos de Montes puxo en marcha a recollida separada da fracción orgánica co contedor marrón, dentro da campaña «O residuo orgánico? Ao marrón!».
Instaláronse cinco contedores intelixentes de 240 litros con peche electrónico na tapa, que só se abren coa tarxeta das persoas usuarias, para garantir a calidade do residuo e evitar impropios.
No contedor marrón van os restos de froita, verdura e comida, as cascas de ovo e de marisco, as borras de café e infusións, o papel de cociña e as servilletas usadas, as plantas e as flores, sempre en bolsa compostable.
Os fogares que se inscriban reciben de balde un pack de uso coa tarxeta de apertura do contedor, un caldeiro de cociña de 10 litros e bolsas compostables. O programa prevé incorporar 100 fogares nesta primeira fase.
A hostalaría, os comercios de alimentación e os comedores colectivos poden adherirse como grandes produtores e recibir un caldeiro de 25 litros, bolsas compostables, unha guía práctica e o adhesivo de «Establecemento sostible».
Os biorresiduos recollidos destínanse a SOGAMA para a súa reciclaxe. A recollida coordínase co Concello de Pazos de Borbén.
As persoas interesadas poden inscribirse na páxina web fornelos.ocaminosostible.gal, no teléfono 647 521 464 ou no correo electrónico info@ocaminosostible.gal.
O proxecto conta cunha axuda de 6.540,50 € da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia (procedemento MT975X, Liña 1, expediente EELL-0238-2026-RES), cofinanciada nun 60 % pola Unión Europea no marco do Programa Galicia FEDER 2021-2027.




