Mesía pon en marcha as campañas de recollida de aceite doméstico usado e téxtil
O C
O Concello de Mesía pon en marcha dúas novas iniciativas para mellorar a xestión dos residuos municipais: a campaña de recollida de aceite doméstico usado e a campaña de recollida de téxtil.
O obxectivo principal é ofrecer á veciñanza servizos específicos para dous tipos de residuos que non deben ir ao lixo convencional, favorecendo a reutilización, a reciclaxe, a redución de vertidos e un modelo de economía circular máis sostible.
A campaña de aceite doméstico usado permitirá recoller de forma separada o aceite de cociña xerado nos fogares, evitando que se tire polo sumidoiro ou ao contedor equivocado. Estes vertidos provocan atascos nas canalizacións, encarecen a depuración da auga e xeran un forte impacto negativo nos ríos e ecosistemas acuáticos. Co novo sistema de recollida específica, o aceite poderá ser xestionado de maneira adecuada e valorizado como recurso.
A través da campaña de téxtil, a cidadanía poderá depositar roupa e outros tecidos que xa non se empregan en puntos de recollida específicos, facilitando a súa reutilización ou reciclaxe e reducindo a cantidade de residuos que rematan en vertedoiro. Deste xeito, prolóngase a vida útil dos materiais e diminúe o consumo de recursos.
As persoas interesadas poden atopar toda a información actualizada na páxina web: mesia.ocaminosostible.gal. Tamén poden contactar a través do teléfono 647 521 464 ou do correo electrónico info@ocaminosostible.gal.
Esta iniciativa conta co apoio da Xunta de Galicia e o financiamento do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Next Generation EU, e forma parte da aposta do Consorcio As Mariñas por un modelo de xestión sostible e de proximidade, implicando á cidadanía na redución e valorización dos seus propios residuos.
oncello de Mesía pon en marcha dúas novas iniciativas para mellorar a xestión dos residuos municipais: a campaña de recollida de aceite doméstico usado e a campaña de recollida de téxtil.