O ALUMNADO DO CEIP FREI LUÍS DE GRANADA COÑECE EN SOGAMA QUE PASA COS RESIDUOS QUE SEPARAMOS NA CASA

O Concello de Sarria organizou o venres 16 de outubro unha xornada de visita ao Complexo Medioambiental de Sogama, en Cerceda, na que 45 nenos e nenas de 5º de Primaria do CEIP Frei Luís de Granada coñeceron de primeira man o percorrido dos residuos desde que se depositan nos contedores ata o seu tratamento.

O alumnado foi acompañado polas súas mestras e polo equipo técnico da campaña. O equipo de educación ambiental de Sogama explicou no auditorio do Complexo como chegan os residuos á planta, como se clasifican, que materiais se recuperan e como se valoriza o resto, e insistiu na importancia de separar ben na casa, especialmente a materia orgánica, que vai ao colector marrón e se converte en compost. O alumnado percorreu a planta de forma virtual con lentes de realidade virtual e participou en xogos interactivos sobre a separación de residuos.

Despois do xantar en Santiago de Compostela, o grupo realizou unha visita guiada á Cidade da Cultura de Galicia, no monte Gaiás, antes de regresar a Sarria.

A visita forma parte da campaña «O residuo orgánico? Ao marrón!». Máis información na páxina web sarria.ocaminosostible.gal, no teléfono 647 521 464 ou no correo electrónico info@ocaminosostible.gal.

As actuacións forman parte do proxecto de mellora da recollida separada de biorresiduos do Concello de Sarria, que conta cunha axuda de 18.076,50 € da Xunta de Galicia (procedemento MT975X, Liña 1, expediente EELL-0184-2026-RES), cofinanciada nun 60 % pola Unión Europea no marco do Programa Galicia FEDER 2021-2027.

Novas relacionadas