O ALUMNADO DO CEIP DE OUTES APRENDE A SEPARAR O ORGÁNICO CON XOGOS E CHARLAS

O CEIP Plurilingüe de Outes acolleu o luns 19 de outubro unha xornada de charlas sobre residuos e separación en orixe, dentro da campaña do contedor marrón «O residuo orgánico? Ao marrón!».

Impartíronse tres sesións para o alumnado de 1º e 2º, 3º e 4º e 6º de Educación Primaria, nas que participaron 67 alumnos e alumnas e tres docentes.

As charlas centráronse no novo contedor marrón e no destino dos biorresiduos, e completáronse con xogos de separación nos que os nenos e nenas puxeron a proba o aprendido, decidindo a que colector vai cada residuo.

A educación ambiental nas aulas é unha peza clave da campaña: o que se aprende no colexio chega ás casas e axuda a que as familias se sumen á separación do orgánico.

As familias interesadas poden inscribirse e recibir de balde o seu pack de uso na páxina web outes.ocaminosostible.gal, no teléfono 647 521 464 ou no correo electrónico info@ocaminosostible.gal.

Esta actuación forma parte do proxecto «Mellora da ecoeficiencia e transición cara á economía circular na xestión dos residuos municipais de Outes 2026», que conta co apoio da Xunta de Galicia e está cofinanciado nun 60 % pola Unión Europea no marco do Programa Galicia FEDER 2021-2027.