O CONCELLO DE AS PONTES REFORZA DURANTE TODA A SEMANA O DISPOSITIVO PORTA A PORTA PARA IMPULSAR O CONTEDOR MARRÓN

O Concello de As Pontes continúa esta semana co desenvolvemento de accións de proximidade para reforzar a participación da veciñanza na recollida da fracción orgánica e mellorar a separación dos biorresiduos no municipio.

Desde comezos de semana, un equipo está a percorrer diferentes zonas de As Pontes realizando labores porta a porta vinculadas á implantación do contedor marrón. Durante estas visitas, estase a facer entrega dos kits de participación ás vivendas adheridas e ofrecendo información directa sobre o funcionamento do sistema, resolvendo dúbidas habituais e facilitando indicacións prácticas para separar correctamente os biorresiduos no fogar.

A actuación está a permitir manter un contacto directo coa veciñanza, facilitando a incorporación ao servizo e reforzando o coñecemento sobre o uso adecuado do contedor marrón e as vantaxes da compostaxe comunitaria.

Con esta iniciativa, o Concello de As Pontes busca seguir avanzando cara a un modelo de xestión de residuos máis sostible, reducir a presenza de impropios e fomentar o aproveitamento da materia orgánica a través dunha maior implicación cidadá.

As persoas interesadas poden atopar toda a información actualizada na páxina web: aspontes.ocaminosostible.gal. Tamén poden contactar a través do teléfono 647 521 464 ou do correo electrónico info@ocaminosostible.gal.

Esta iniciativa conta co apoio da Xunta de Galicia e o financiamento do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Next Generation EU, e forma parte da aposta do Consorcio As Mariñas por un modelo de xestión sostible e de proximidade, implicando á cidadanía na redución e valorización dos seus propios residuos.

Novas relacionadas