O CONCELLO DE PORTAS COMPLETA A ENTREGA PORTA A PORTA E O PUNTO INFORMATIVO NA FEIRA PARA IMPULSAR O CONTEDOR MARRÓN
O Concello de Portas desenvolveu esta semana dúas accións de proximidade para reforzar a participación da veciñanza na recollida da fracción orgánica e mellorar a separación dos biorresiduos: un dispositivo de entrega porta a porta e un punto informativo.
Por unha banda, desde o luns 9, un equipo percorreu diferentes zonas do municipio para realizar a entrega do kit do contedor marrón a domicilio e ofrecer información directa sobre o funcionamento do sistema, resolvendo dúbidas habituais e achegando indicacións prácticas para separar correctamente os biorresiduos no fogar.
Ademais, o o luns pola mañá, instalouse un punto informativo, no que numerosas persoas se achegaron para informarse, aclarar cuestións concretas e coñecer paso a paso como participar.
Con esta actuación, o Concello de Portas busca reforzar a información á poboación, reducir os impropios e avanzar cara a un modelo de xestión de residuos máis sostible, promovendo o aproveitamento da materia orgánica.
Para máis información, a cidadanía pode contactar co Concello polos canales habituais.As persoas interesadas poden atopar toda a información actualizada na páxina web: mpc.ocaminosostible.gal. Tamén poden contactar a través do teléfono 647 521 464 ou do correo electrónico info@ocaminosostible.gal.
Esta iniciativa conta co apoio da Xunta de Galicia e o financiamento do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Next Generation EU, e forma parte da aposta do Consorcio As Mariñas por un modelo de xestión sostible e de proximidade, implicando á cidadanía na redución e valorización dos seus propios residuos.




