O CONCELLO DE PORTAS HABILITA UN PUNTO INFORMATIVO DIANTE DO COLEXIO E ACTIVA VISITAS PORTA A PORTA PARA ENTREGAR OS KITS DO COLECTOR MARRÓN
O Concello de Portas impulsa unha nova acción de proximidade para reforzar a correcta separación do residuo orgánico e facilitar a participación da veciñanza no uso do colector marrón. A campaña combina información directa e entrega de materiais, co obxectivo de resolver dúbidas e avanzar cara a unha xestión máis sostible dos biorresiduos.
Por unha banda, os días 10 e 11 de marzo un equipo realizará visitas porta a porta para informar á veciñanza e facer entrega do pack de uso do colector marrón, que inclúe chave de apertura do colector, caldeiro doméstico de reciclaxe e bolsas biodegradables, ademais de indicacións prácticas para o seu correcto funcionamento.
Ademais, o Concello habilitará un punto informativo aberto á cidadanía o:
- 📅 Luns 9 de marzo, toda á mañá
- 📍 Feira de Campo Lameiro
Este punto permitirá solicitar información, aclarar cuestións sobre a separación do residuo orgánico e coñecer de forma sinxela como participar e empregar correctamente o colector marrón.
Con esta campaña, o Concello busca reforzar a comunicación, reducir impropios e incrementar a recollida selectiva da fracción orgánica, favorecendo o seu aproveitamento e contribuíndo a un modelo de xestión de residuos máis eficiente e respectuoso co medio.
As persoas interesadas poden atopar toda a información actualizada na páxina web: mpc.ocaminosostible.gal. Tamén poden contactar a través do teléfono 647 521 464 ou do correo electrónico info@ocaminosostible.gal.
Esta iniciativa conta co apoio da Xunta de Galicia e o financiamento do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Next Generation EU, e forma parte da aposta do Consorcio As Mariñas por un modelo de xestión sostible e de proximidade, implicando á cidadanía na redución e valorización dos seus propios residuos.





