O CONCELLO DE TRAZO PON UN POSTO INFORMATIVO NO ENTROIDO DE ACEITE E DE COMPOSTAXE DOMÉSTICA

O Concello de Trazo pon un posto informativo de compostaxe doméstica e aceite, co que busca fomentar a correcta xestión dos biorresiduos nos fogares e promover prácticas máis sostibles no municipio.

Durante a tarde do sábado estivemos cun postos informativos de compostaxe e de reciclaxe de aceite doméstico, para dar a coñecer as distintas iniciativas municipais

Se queres sumarte á compostaxe, xa podes inscribirte na páxina web do Concello de Trazo.

A entrega de composteiros terá lugar o luns 2 de marzo ás 12:30 h na Casa Amarela de Viaño Pequeno, nunha sesión informativa na que as persoas participantes recibirán formación básica para comezar a compostar no seu fogar.

Esta iniciativa permitirá que os veciños e veciñas con pequeno terreo poidan transformar os seus restos orgánicos en abono natural de alta calidade, reducindo así a cantidade de lixo que chega ao colector e contribuíndo a unha economía circular máis eficiente en Trazo.

O Concello facilitará aos fogares participantes un composteiro de balde, formación e acompañamento, para garantir unha correcta posta en marcha e seguimento do proceso.

Nas próximas semanas celebraranse novas sesións en diferentes puntos do municipio, que serán anunciadas a través dos canais oficiais do Concello. A inscrición continúa aberta para aquelas persoas interesadas en participar na campaña.

As persoas interesadas poden atopar toda a información actualizada na páxina web: trazo.ocaminosostible.gal. Tamén poden contactar a través do teléfono 647 521 464 ou do correo electrónico info@ocaminosostible.gal.

Esta iniciativa conta co apoio da Xunta de Galicia e o financiamento do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Next Generation EU, e forma parte da aposta do Consorcio As Mariñas por un modelo de xestión sostible e de proximidade, implicando á cidadanía na redución e valorización dos seus propios residuos.

Novas relacionadas