O NOVO CONTEDOR MARRÓN INTELIXENTE SAE Á RÚA EN BARBADÁS CUN POSTO INFORMATIVO

A campaña «O residuo orgánico? Ao marrón!» instalou o mércores 28 de outubro un posto informativo diante da Casa do Concello de Barbadás para presentar á veciñanza os novos contedores marróns intelixentes.

No posto, atendido polo persoal da campaña, expúxose un dos novos contedores de 240 litros con peche electrónico, para que as persoas que se achegaron puidesen ver como se abre coa tarxeta, o chaveiro ou a aplicación móbil.

O equipo resolveu dúbidas sobre que residuos van ao contedor marrón e por que hai que usar sempre bolsa compostable, repartiu material informativo e facilitou a inscrición para recibir de balde o pack de uso.

Quen non puido achegarse pode inscribirse igualmente na páxina web barbadas.ocaminosostible.gal, no teléfono 647 521 464 ou no correo electrónico info@ocaminosostible.gal.

Esta actuación forma parte do proxecto «Mellora da ecoeficiencia e transición cara á economía circular na xestión dos residuos municipais de Barbadás 2026», que conta co apoio da Xunta de Galicia e está cofinanciado nun 60 % pola Unión Europea no marco do Programa Galicia FEDER 2021-2027.

Novas relacionadas