O PORRIÑO CONTINÚA A SÚA CAMPAÑA INFORMATIVA SOBRE RESIDUOS CON CHARLAS ABERTAS Á VECIÑANZA DURANTE TODO O MES DE NOVEMBRO
O Concello do Porriño continúa coa súa campaña informativa para promover unha correcta separación dos residuos e impulsar un modelo de xestión máis sostible, achegando á veciñanza toda a información sobre o novo sistema de recollida.
Durante todo o mes de novembro, estanse a celebrar reunións informativas en diferentes parroquias e espazos municipais, nas que o persoal técnico explica o funcionamento do novo colector marrón para a fracción orgánica, o colector vermello para o téxtil e o colector laranxa para o aceite doméstico usado.
Ademais, nestas sesións tamén se ofrece información sobre os programas de compostaxe doméstica e comunitaria, resolvendo dúbidas e recollendo achegas das persoas participantes.
📅 Calendario das reunións informativas:
- Mosende – Venres 14 ás 19:00 h
- Chenlo – Luns 17 ás 20:00 h
- Pontellas – Martes 18 ás 17:00 h
- Atios – Martes 18 ás 19:30 h
- Cans – Venres 21 ás 19:00 h
- Centro Cultural Alba (Torneiros) – Xoves 27 ás 19:00 h
O Concello anima a toda a veciñanza a participar nestas charlas abertas, que forman parte dunha campaña máis ampla para reducir a xeración de residuos e fomentar a reciclaxe e a compostaxe como ferramentas clave dunha economía circular local.
Esta iniciativa conta co apoio da Xunta de Galicia e o financiamento do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Next Generation EU, e forma parte da aposta do concello por un modelo de xestión sostible e de proximidade, implicando á cidadanía na redución e valorización dos seus propios residuos.




