O PUNTO INFORMATIVO SOBRE COMPOSTAXE EN CAMPO LAMEIRO ACHEGA A INICIATIVA Á VECIÑANZA E ANUNCIA NOVO REPARTO DE COMPOSTEIROS

O Concello de Campo Lameiro continúa a avanzar na implantación da compostaxe doméstica e na sensibilización ambiental da veciñanza. Con este obxectivo, o pasado mércores 4 de marzo habilitouse un punto informativo no centro do municipio, que serviu como espazo de encontro para resolver dúbidas, explicar os beneficios da compostaxe e fomentar a participación cidadá.

Ao longo da xornada, o punto informativo recibiu unha excelente acollida, con numerosas persoas achegándose para coñecer máis sobre o proceso de compostaxe, solicitar información práctica e anotarse para participar no programa municipal. Esta acción permitiu acercar a campaña directamente á rúa, favorecendo unha comunicación directa, próxima e personalizada coas persoas interesadas.

O Concello anima ás persoas que aínda non se teñan sumado a facelo nos próximos días, lembrando que a compostaxe doméstica é unha ferramenta eficaz para reducir biorresiduos, diminuír o volume de lixo que chega a vertedoiro e contribuír a un modelo máis sostible e respectuoso co medio ambiente.

Para máis información, a cidadanía pode contactar co Concello polos canales habituais.As persoas interesadas poden atopar toda a información actualizada na páxina web: mpc.ocaminosostible.gal. Tamén poden contactar a través do teléfono 647 521 464 ou do correo electrónico info@ocaminosostible.gal.

Esta iniciativa conta co apoio da Xunta de Galicia e o financiamento do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Next Generation EU, e forma parte da aposta do Consorcio As Mariñas por un modelo de xestión sostible e de proximidade, implicando á cidadanía na redución e valorización dos seus propios residuos.

 

Novas relacionadas