Que é?

Qué é
O Camiño Sostible?

O Camiño Sostible é un proxecto impulsado por Permae  que ofrece as entidades locais campañas de sensibilización e comunicación ambiental centradas na sostibilidade e na xestión de residuos.

Creamos accións que chegan á veciñanza: prácticas, educativas e transformadoras. Acompañamos aos concellos no deseño, execución e comunicación de campañas sobre compostaxe, reciclaxe, festas sostibles, educación ambiental ou coñecemento do territorio.

Que é O Camiño Sostible?

A nosa misión

A través deste proxecto, tamén queremos abrir un camiño á cidadanía. Por iso, calquera persoa pode unirse ao Camiño Sostible e colaborar activamente na transformación ecolóxica do seu entorno.

Somos unha asociación sen ánimo de lucro:

Somos unha asociación sen ánimo de lucro:

Por este motivo impulsamos a creación da entidade sen ánimo de lucro Asociación O Camiño Sostible, financiada por Permae e outras apoios,  que canalizará a responsabilidade social corporativa de Permae a través de colaboracións desinteresadas con centros educativos, colectivos e administracións locais.

Porque un futuro sostible constrúese camiñando xuntas, desde o compromiso institucional e a participación cidadá.

«Porque un futuro sostible constrúese camiñando xuntos, desde o compromiso institucional e a participación cidadá»