Compostaxe doméstica

Qué é a compostaxe doméstica?

A compostaxe doméstica é un proceso natural que permite transformar os restos orgánicos do fogar nun abono natural, pechando o ciclo directamente na túa casa. Con ela reduces residuos, evitas malos cheiros nos colectores e obtés un fertilizante de calidade para a túa terra.

Como funciona?

• O Concello entrégache de balde un composteiro individual.
• Participas nunha sesión formativa inicial para aprender a usalo.
• Contas con apoio técnico e visitas de seguimento sempre que o precises.
• Converte os teus restos de comida e poda en compost para horta, xardín ou plantas.

É unha solución práctica e local que che axuda a reducir a túa xeración de lixo, mellorar o solo do teu entorno e contribuír a un concello máis sostible.