Contedor gris

Vai

✔ Cueiros e toalliñas
✔ Vaixelas rotas ou cerámica
✔ Po e residuos de varrer
✔ Colillas e pequenos residuos sen opción de reciclaxes

Non vai

✘ Envases lixeiros (van ao amarelo)
✘ Papel e cartón (van ao azul)
✘ Vidro (vai ao verde)
✘ Orgánica (vai ao marrón ou composteiro)
✘ Roupa ou calzado (van ao vermello)
✘ Aceite usado (vai ao laranxa)

O contedor gris é para os residuos que non se poden reciclar noutros colectores. É a última opción, polo que canto máis separemos correctamente no amarelo, azul, verde, marrón, vermello ou laranxa, menos lixo terá que ir ao resto. Reducindo o que tiramos aquí, axudamos a diminuír o volume de residuos que acaban en vertedoiro.