Contedor vermello – CARITAS
Vai
✔ Roupa usada en bo estado
✔ Roupa mollada ou sucia
✔ Roupa en mal estado
✔ Calzado en pares, atado con cordón ou goma
✔ Téxtiles do fogar (mantas, sabas, toallas)
Non vai
✘ Colchóns, alfombras, peluches grandes
✘ Resto de residuos
O contedor vermello é para a recollida de roupa, calzado e téxtiles do fogar. A través deste servizo, podes darlles unha segunda vida ás pezas que xa non usas, evitando que rematen no vertedoiro e contribuíndo a unha economía máis circular e solidaria.
Lembra sempre deixar a roupa en bolsas pechadas para facilitar a súa clasificación.

Que fan co residuo?
A roupa e os téxtiles recollidos son entregados a CÁRITAS, que os clasifica e lles dá un destino social.
• As pezas en bo estado poden ser reutilizadas directamente por persoas e familias que o precisen.
• Os materiais en peor estado destínanse a reciclaxe téxtil, aproveitando as fibras para novos usos.
Deste xeito, ao usar o contedor vermello non só reduces residuos, senón que tamén colaboras en apoiar a quen máis o necesita.



