Contedor vermello
Vai
✔ Roupa usada en bo estado
✔ Roupa mollada ou sucia
✔ Roupa en mal estado
✔ Calzado en pares, atado con cordón ou goma
✔ Téxtiles do fogar (mantas, sabas, toallas)
Non vai
✘ Colchóns, alfombras, peluches grandes
✘ Resto de residuos
O contedor vermello é para a recollida de roupa, calzado e téxtiles do fogar. A través deste servizo, podes darlles unha segunda vida ás pezas que xa non usas, evitando que rematen no vertedoiro e contribuíndo a unha economía máis circular e solidaria.
Lembra sempre deixar a roupa en bolsas pechadas para facilitar a súa clasificación.



