Servizos

Os nosos Servizos
O Camiño Sostible ofrece ás entidades locais campañas de sensibilización e comunicación ambiental centradas na sostibilidade e na xestión de residuos. Os nosos servizos estrutúranse en distintas áreas de intervención que responden ás necesidades reais dos territorios.
Estas áreas son: campañas de biorresiduos, de todo tipo de reciclaxe, de festas e eventos sostibles, de interpretación do patrimonio medioambiental, entre outras.
.01
Campañas
de reciclaxe
A correcta separación dos residuos é un dos piares da economía circular. Desde Permae deseñamos campañas adaptadas a cada concello para mellorar a participación cidadá e reducir os impropios nos diferentes colectores.
As nosas campañas combinan accións de rúa, materiais informativos, formación e acompañamento técnico, con enfoques creativos e participativos. Traballamos sobre fluxos clave como:
- ACEITE USADO
Instalación de colectores, reparto de envases, charlas informativas e campañas visuais para evitar o vertido polo sumidoiro. - TEXTIL
Promoción da reutilización e separación de roupa e calzado, activación de puntos de recollida e colaboración con entidades sociais. - ENVASES LIXEIROS (COLECTOR AMARELO)
Información sobre os erros máis habituais, apoio en campañas comarcais e activacións a pé de rúa para reforzar o uso correcto. - VIDRO (COLECTOR VERDE)
Campañas para aumentar a separación do vidro, resolver dúbidas recorrentes e promover bos hábitos tanto na cidadanía como na hostalería. - RAEE (RESIDUOS DE APARELLOS ELÉCTRICOS E ELECTRÓNICOS)
Charlas, puntos de recollida temporal e campañas de concienciación sobre a importancia de reciclar correctamente os dispositivos electrónicos. - PUNTO LIMPO MÓBIL
Divulgación e acompañamento para aumentar o uso correcto do servizo, mediante accións en mercados, feiras ou centros sociais. - OUTROS FLUXOS
Adaptamos campañas a necesidades específicas como pilas, cápsulas de café, voluminosos, cápsulas de tinta, restos de poda, etc.
Campañas de
Biorresiduos
.02
A materia orgánica representa unha parte esencial dos residuos municipais, e a súa correcta separación é clave para cumprir os obxectivos europeos en materia de reciclaxe. Desde Permae aos concellos na implantación e dinamización de sistemas de xestión sostible dos biorresiduos a través de dúas liñas principais:
- CAMPAÑA DE COMPOSTAXE DOMÉSTICA E COMUNITARIA
Entregamos composteiros, realizamos accións formativas e achegamos materiais adaptados a cada realidade. Acompañamos a veciñanza cun seguimento técnico próximo e accesible, promovendo o uso do compost como recurso local e reducindo os residuos que chegan ao colector. - CAMPAÑA DE IMPLANTACIÓN DO COLECTOR MARRÓN
Deseñamos campañas de sensibilización para informar á poboación sobre o novo 5º colector, resolvemos dúbidas frecuentes e animamos á participación cidadá. Os contidos poden combinarse con actividades en centros escolares, stands informativos, materiais físicos ou dixitais, ou accións a pé de rúa.
.03
Eventos
Sostibles
Os eventos locais son grandes oportunidades para promover a sostibilidade dun xeito visible, práctico e participativo. Desde Permae ofrecemos dúas opcións adaptadas a cada tipo de celebración:
FESTA GALEGA SOSTIBLE
Un modelo integral para festas populares de referencia. Inclúe:
- Diagnóstico ambiental do evento e proposta de melloras.
- Formación e coordinación de equipos de voluntariado.
- Actividades educativas para público infantil, xuvenil e adulto.
- Campañas de comunicación previas e durante a festa.
- Acompañamento para a medición de impactos e mellora continua.
- Posibilidade de selo ou distintivo propio: Festa Galega Sostible.
Pensado para concellos ou outras entidades organizadoras que queren facer da súa festa un exemplo.
ACOMPAÑAMENTO A EVENTOS SOSTIBLES
Para eventos culturais, deportivos, institucionais ou privados que buscan reducir o seu impacto ambiental. Ofrecemos:
- Planificación de medidas sostibles (residuos, enerxía, mobilidade, consumo…).
- Sinalización e comunicación ambiental.
- Formación ou presenza de persoal ambiental durante o evento.
- Avaliación de resultados e propostas de mellora.
Interpretación do patrimonio
e información ambiental
.04
Coñecer para coidar. En Permae cremos que comprender o valor do noso entorno —natural, cultural e paisaxístico— é fundamental para protexelo.
Por iso, deseñamos accións que permiten descubrir o territorio desde unha mirada ecolóxica, accesible e transformadora.
ROTEIROS INTERPRETATIVOS
- Percorridos guiados por espazos naturais ou patrimoniais do municipio.
- Contidos adaptados a distintos públicos e idades.
- Enfoque ambiental, histórico e participativo.
SINALIZACIÓN E PANEIS DIVULGATIVOS
- Deseño de carteis interpretativos sobre flora, fauna, xeografía ou historia local.
- Posibilidade de integración con ferramentas dixitais (QR, audio, vídeo).
ACTIVACIÓN DE ESPAZOS NATURAIS
- Deseño de actividades educativas en contornas naturais (limpezas, observación, plantacións…).
- Propostas que promoven o vínculo co territorio e o coidado activo.
CAMPAÑAS DE INFORMACIÓN AMBIENTAL
- Accións para dar a coñecer o patrimonio natural en contornos urbanos ou rurais.
- Materiais accesibles, visuais e personalizados para cada lugar.
.05
Educación
Ambiental
A educación é a base dunha sociedade máis consciente, crítica e comprometida co medio ambiente. En Permae deseñamos propostas educativas para todas as idades, adaptadas ao contexto local e aos obxectivos de cada entidade.
Ofrecemos actividades didácticas, participativas e inspiradoras, tanto para centros educativos como para a cidadanía en xeral.
OBRADOIROS E CAMPAÑAS ESCOLARES
- Actividades adaptadas por niveis educativos (infantil, primaria, secundaria).
- Temáticas como compostaxe, reciclaxe, cambio climático, biodiversidade, consumo responsable, etc.
- Materiais propios e dinámicas interactivas.
- Posibilidade de acompañamento continuado durante o curso.
CAMPAÑAS CIDADÁS TEMÁTICAS
- Charlas, roteiros ou obradoiros abertos á veciñanza.
- Espazos de reflexión e aprendizaxe en centros sociais, feiras, mercados ou prazas.
- Adaptación a colectivos específicos: terceira idade, familias, asociacións veciñais, etc.
Asesoramento
técnico e normativo
.06
En Permae ofrecemos apoio especializado aos concellos que queren mellorar a súa xestión ambiental desde unha base técnica, legal e estratéxica. A nosa experiencia permite deseñar solucións adaptadas a cada realidade municipal.
ELABORACIÓN E ACTUALIZACIÓN DE ORDENANZAS DE RESIDUOS
- Redacción técnica conforme á lexislación vixente.
- Inclusión de boas prácticas e criterios de sostibilidade.
- Procesos participativos e campañas de acompañamento.
ESTUDOS DE XERACIÓN E CARACTERIZACIÓN DE RESIDUOS
- Medición real dos residuos producidos.
- Identificación de impropios e oportunidades de mellora.
- Informes técnicos con propostas de acción.
REDACCIÓN DE PREGOS TÉCNICOS DE CONTRATACIÓN PÚBLICA
- Elaboración de pregos para servizos de recollida, limpeza viaria, campañas, etc.
- Integración de cláusulas sociais e ambientais.
DESEÑO DE PROXECTOS AMBIENTAIS E DE XESTIÓN DE RESIDUOS
- Apoio na redacción de memorias e proxectos para convocatorias de axudas.
- Axuste a criterios técnicos e administrativos exixidos polas administracións públicas.



