Taller de macramé con téxtil reciclado
Este mércores 12, celebrouse no Concello de Mesía un inspirador obradoiro de macramé con téxtil reciclado, impartido por Marga González. As persoas participantes déronlle unha segunda vida a tecidos en desuso, transformándoos en pezas únicas e feitas a man. ♻️💛
E isto non remata aquí! 👀
Ao longo deste mes continuaremos con máis talleres creativos e gratuítos en diferentes concellos, para seguir promovendo a reutilización e o consumo responsable a través da artesanía.
📍 Moi pronto compartiremos novas datas e localizacións.
Se che interesa participar… mantente atent@ ás nosas redes!
Esta iniciativa conta co apoio da Xunta de Galicia e o financiamento do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Next Generation EU.




